Longa Marcha 5 (Chang Zheng 5 en pinyin, abreviadamente CZ-5) é o nome dun modelo da familia de foguetes Longa Marcha. Tódolos CZ-5 lánzanse desde o centro de lanzamento de Wenchang.[1][2][3][4][5]
Características
O Longa Marcha 5 é un lanzador orbital chinés dunha, dúas ou tres etapas e asistido por foguetes aceleradores deseñado para poñer cargas de ata 25.000 kg en órbita baixa terrestre ou de 13.000 kg en órbita de transferencia xeoestacionaria. Usa unha etapa central de 5 m de diámetro con catro aceleradores de 3,35 m de diámetro ao seu arredor. Segundo a versión pode ter ningunha, unha ou dúas etapas superiores. A súa función principal é poñer en órbita xeoestacionaria grandes satélites ou módulos para a estación espacial chinesa na órbita baixa.[1][2][3][4][5]
Variantes
CZ-5
A versión orixinal ten unha segunda etapa H-5-2 con dous motores YF-75D e pode poñer ata 15.000 kg nunha órbita heliosincrónica e 13.000 kg en órbita de transferencia xeoestacionaria.[1][2][3][4][5]
CZ-5/YZ-2
Usa unha terceira etapa YZ-2 cun motor YF-50D. Utilizado para poñer satélites de ata 4500 en órbita xeoestacionaria.[1][2][3][4][5]
CZ-5B
A versión CZ-5B usa unha única etapa central. Pode poñer ata 25.000 kg en órbita baixa.[1][2][3][4][5]
Historial de lanzamentos
Voo
|
Data
|
Versión
|
Carga
|
Resultado
|
Notas
|
1
|
3 de novembro de 2016
|
CZ-5/YZ-2
|
SJ 17
|
Éxito
|
Primeiro voo dun CZ-5.
|
2
|
2 de xullo de 2017
|
CZ-5
|
SJ 18
|
Éxito
|
|
3
|
27 de decembro de 2019
|
CZ-5
|
SJ 20
|
Éxito
|
|
4
|
5 de maio de 2020
|
CZ-5B
|
XZF-SC / RCS-FC-SC
|
Éxito
|
|
5
|
23 de xullo de 2020
|
CZ-5
|
Tianwen 1
|
Éxito
|
|
6
|
23 de novembro de 2020
|
CZ-5
|
Chang'e 5
|
Éxito
|
|
7
|
29 de abril de 2021
|
CZ-5B
|
Tianhe
|
Éxito
|
|
8
|
24 de xullo de 2022
|
CZ-5B
|
Wentian
|
Éxito
|
|
9
|
31 de outubro de 2022
|
CZ-5B
|
Mengtian
|
Éxito
|
|
10
|
15 de decembro de 2023
|
CZ-5
|
Yaogan 41
|
Éxito
|
|
11
|
23 de decembro de 2023
|
CZ-5
|
TJS 11
|
Éxito
|
|
12
|
3 de maio de 2024
|
CZ-5
|
Chang'e 6 / ICUBE Q
|
Éxito
|
|
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Mark Wade (2022). "Chang Zheng 5" (en inglés). Consultado o 18 de decembro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Mark Wade (2022). "Chang Zheng 5B" (en inglés). Consultado o 18 de decembro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "CZ-5 (Chang Zheng-5)" (en inglés). Consultado o 18 de decembro de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "CZ-5/YZ2 (Chang Zheng-5/YZ2)" (en inglés). Consultado o 18 de decembro de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "CZ-5B (Chang Zheng-5B)" (en inglés). Consultado o 18 de decembro de 2022.
Véxase tamén
|
---|
Foguetes | | |
---|
Lugares de lanzamento | |
---|
Fabricantes | |
---|