Longa Marcha 4

Maqueta dun Longa Marcha 4B.

Longa Marcha 4 (Chang Zheng 4 en Pinyin, e normalmente referido abreviadamente como CZ-4) é unha subfamilia de foguetes espaciais operados pola República Popular da China pertencente á familia máis grande de foguetes Longa Marcha.[1][2]

Historia e características

O CZ-4 orixinal foi desenvolvido e é fabricado pola Academia de Shanghai de Tecnoloxía do Voo Espacial. As súas dúas primeiras etapas son basicamente as mesmas que as do Longa Marcha 3, mentres que a terceira é completamente nova. Usa dous tipos de cofia, A e B. A súa misión principal é enviar satélites a órbitas polares. A súa capacidade de carga típica é de 1650 kg a unha órbita heliosincrónica, e 4680 kg a unha órbita de 200 km de altura. Fixo o seu primeiro voo o 7 de setembro de 1988. Hai tres versións do Longa Marcha 4:[1][2]

Notas

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2018). "Chang Zheng 4" (en inglés). Consultado o 14 de outubro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "CZ-4 (Chang Zheng-4)" (en inglés). Consultado o 14 de outubro de 2018. 

Véxase tamén

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!