Longa Marcha 2A
Longa Marcha 2A (Chang Zheng 2A en pinyin) foi o nome dun modelo da familia de foguetes Longa Marcha.[1]
Características
O Longa Marcha 2A foi un lanzador orbital chinés deseñado para lanzar o satélite de recoñecemento FSW-1. Comezouse a desenvolver en 1970 pola CALT e estaba baseado no mísil balístico intercontinental DF-5. A primeira etapa tiña catro motores alimentados por tetróxido de nitróxeno e UDMH (unha combinación hipergólica). A segunda etapa contaba cun só motor, alimentada pola mesma combinación de propelentes que a primeira e catro motores vernier para o control da actitude do foguete. O sistema de guiado estaba computerizado e usaba unha plataforma inercial.[1]
O Longa Marcha 2A fixo catro voos, dos cales tres foron exitosos.[1]
Historial de lanzamentos
Voo[1][2]
|
Data[1][2]
|
Rampla de lanzamento[1][2]
|
Carga[1][2]
|
Resultado[1][2]
|
Notas
|
1
|
5 de novembro de 1974
|
Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/138
|
FSW-0 1
|
Fallo
|
Primeiro voo, errado debido a un problema coa cablaxe que tiña que levar o sinal do xiroscopio á electrónica do foguete.[1]
|
2
|
26 de novembro de 1975
|
Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/138
|
FSW-0 1
|
Éxito
|
|
3
|
7 de decembro de 1976
|
Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/138
|
FSW-0 2
|
Éxito
|
|
4
|
26 de xaneiro de 1978
|
Centro de lanzamento de Jiuquan, LC-2/138
|
FSW-0 3
|
Éxito
|
Último voo dun Longa Marcha 2A.
|
Notas
- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 1,32 1,33 1,34 1,35 1,36 1,37 1,38 1,39 Mark Wade (2011). "CZ-2A" (en inglés). Consultado o 22 de maio de 2012.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "CZ-2A (Chang Zheng-2A)" (en inglés). Consultado o 22 de maio de 2012.
|
---|
Foguetes | | |
---|
Lugares de lanzamento | |
---|
Fabricantes | |
---|
|
|