Lista das estrelas menos masivas

Esta é unha lista das estrelas coñecidas con menos masa. A lista está ordenada por masas solares e masas xovianas.

Esta lista inclúe ananas marróns e ananas vermellas. O fondo do nome de cada anana marrón esta en marrón, e os fondos dos nomes das ananas vermellas están en rosa para aquelas que teñan clase fría M ou clase morna M.

Pensase que as ananas marróns poden ter suficiente masa para inicia-la fusión do hidróxeno no seu núcleo cando teñen entre 75-87 masas de Xúpiter, dependendo da súa metalicidade), as estrelas realmente máis pequenas (ananas vermellas) poden ter temperaturas superficiais "frías" (por debaixo dos 4,000 K), o que as fai difícil de distinguir das ananas marróns.

A masa da estrela non pode ser menor de 13 masas de Xúpiter, por que por debaixo dese punto crítico o núcleo non ten suficiente presión gravitatoria para inicia-la fusión do deuterio, o cal require coma mínimo unha temperatura de 1500 a 4000 K (dependendo da metalicidade), en combinación dunha masa ó redor do 7% da masa Solar. Así pois unha anana marrón é máis pesada cun xigante gasoso pero non o suficientemente masiva para ser unha estrela.

Lista das estrelas menos masivas
Nome da estrela Masa Solar Masa de Xúpiter
Xúpiter (coma referencia) 0.00096 1
---------------- ----- --
OTS 44 0.013 15
Oph1622 A 0.014 15.5
Oph1622 B 0.016 17.5
Gliese 229B 0.021 25
2M1207 0.021 25
Epsilon Indi BB 0.024 28
HD 98230B 0.037 39
Teide 1 0.041 43
Epsilon Indi BA 0.045 47
Wolf 424B 0.050 52
Gliese 570D 0.050 52
Gliese 229A 0.053 55
LP 944-20 0.056 58
2MASS 0415-0935 0.060 63
Wolf 424A 0.060 63
DENIS 1048-39 0.065 68
2MASS 1835+3259 0.070 75
DENIS 0255-4700 0.070 75
V1581 Cygni C 0.074 79
2MASS 0532+8246 0.077 81
LHS 3003 (GJ 3877) 0.077 81
Gliese 165B 0.080 84
Gliese 623B 0.080 84
LHS 1070B 0.080 84
LHS 1070C 0.080 84
Ross 614B 0.080 84
Estrela de Teegarden 0.080 84
Wolf 1055B 0.080 84
Gl 105C 0.082 86
LHS 292 0.083 87
LP 731-58 0.083 87
DX Cancri 0.087 91
Van Briesboeck 8 0.088 92
AB Doradus C 0.089 93
OGLE-TR-122b 0.091 96
Wolf 359 0.1 105
---------------- ----- --
Sol (coma referencia) 1 1042

Nota: O obxecto Cha 110913-773444 é algunhas veces mencionado coma a anana marrón máis pequena, pero a súa masa é demasiado baixa para ser catalogada coma tal (8 veces a masa de Xúpiter). É moito máis pequeno que algún planeta extrasolar coñecido. No canto sería mellor chamalo sub-anana marrón ou Planemo.

Véxase tamén

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!