AB Doradus

AB Doradus A/B/C
Constelación Dorado
Ascensión recta α 05h 28min 44.8s
Declinación δ -65º 26’ 55’’
Distancia 48,7±0,4 anos-luz
Magnitude visual +6,93 / +13,0 / ?
Magnitude absoluta +6,06
Tipo espectral K2V / dM3-4e / M8
Velocidade radial + 28 km/s

AB Doradus (HD 36705 / HIP 25647)[1] é un sistema estelar que se atopa a 48,7 anos luz na constelación austral de Dorado. A estrela principal é unha estrela fulgurante, de aí a denominación denominación de estrela variable AB.

A estrela principal AB Doradus A, anana laranxa de tipo espectral K2V, ten unha velocidade de rotación 50 veces maior que o Sol, e en consecuencia posúe un campo magnético grande.[2] . Posúe maior número de manchas solares que o Sol. Medidas da velocidade de rotación da estrela no seu ecuador amosaron que a velocidade varía co tempo debido o efecto de dito campo magnético.[3]

AB Doradus B é unha anana vermella a 135 UA da compoñente A. AB Doradus C é unha compañeira moi próxima a estrela principal, a só 2,3 UA, cun período orbital de 11,75 anos. É unha das estrelas coñecidas con menor masa -93 veces a masa de Xúpiter- moi preto do límite de 75-83 veces a masa de Xupiter por debaixo da cal clasificaríase como unha anana marrón.[4] A súa luminosidade é só unha milésima da do Sol.

O sistema é membro da chamada Asociación estelar de AB Doradus, composta por unhas 30 estrelas que se moven na mesma dirección e teñen unha idade similar.[5]

Notas

  1. Datos astronómicos de AB Doradus (SIMBAD)
  2. JR Minkel (11-12-2001). "Shimmying Star May Shed Light on Forces at Work in the Sun". Scientific American. Consultado o 2006-06-25. 
  3. A. C. Cameron, J.F. Donati. "Christmas Star Does the Twist" (en English). PPARC. Arquivado dende o orixinal o 04-11-2005. Consultado o 25-08-2006. 
  4. "Weighing the Smallest Stars". ESO. 2005-01-19. Arquivado dende o orixinal o 20-08-2006. Consultado o 13-08-2006. 
  5. B. Zuckerman, I. Song, M. S. Bessell (2005). "The AB Doradus Moving Group". The Astrophysical Journal 613: 65–68. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!