Linguas benue-congo

As linguas benue-congo constitúen o maior grupo de linguas níxer-congo, cunhas 900 linguas segundo o Ethnologue 2009, e uns 270 millóns de falantes. Dentro deste grupo destacan as linguas bantús.

A clasificación destas foi proposta por Greenberg en 1963, meténdoas dentro das linguas volta-congolesas.

Clasificación

Segundo Williamson & Blench 2000, as linguas Benue-Congo divídense nos seguintes subgrupos:

Xeografía das ramas benue-congolesas máis importantes.
  • Benue-Congo Occidental ou Volta-Níxer: Especialmente en Nixeria.
    • Yoruboide, como o yoruba, propio de Nixeria estendéndose a Benín e Togo.
    • Edoide, como o edo
    • Iboide, como o ibo
    • Nupoide, como o nupe
    • Idomoide, como o idoma
    • Akokoide
  • Benue-Congo Oriental
    • Platoide: Especialmente en Nixeria. Chamadas linguas de meseta ou Plateau (plató), ou tamén linguas nixerianas centrais.
      • Kainji
      • Plateau do Noroeste
      • Plateau Central
      • Plateau do Sueste
      • Plateau do Sur
      • Tarokoide
      • Jukunoide
    • Bantoide-Cross
      • Cross River, no sueste de Nixeria, como é o ibibo
      • Bantoide
        • Bantoide Norte: No Camerún e leste de Nixeria.
          • Dakoide
          • Mambiloide
          • Tikaroide
        • Bantoide Sur: Propias do sueste de Nixeria e oeste do Camerún, excepto as linguas bantús, que teñen presenza en toda África meridional.
          • Jarawoide
          • Tivoide, como o tiv
          • Ekoide
          • Linguas dos Campos (Grasland ou Grassfields), como o bamum
          • Beboide
          • Nyang
          • Bantú, como o suahili, o zulú e o xosa

Véxase tamén

Bibliografía

  • Joseph Greenberg: The Languages of Africa. Mouton, The Hague and Indiana University Center, Bloomington 1963.
  • Bernd Heine et al: Die Sprachen Afrikas. Buske, Hamburg 1981.
  • John Bendor-Samuel: The Niger-Congo Languages: A Classification and Description of Africa's Largest Language Family. University Press of America, Lanham, Nova York, Londres 1989.
  • Williamson, Kay & Blench, Roger (2000) 'Niger-Congo', en Heine, Bernd e Nurse, Derek (eds) African Languages - An Introduction. Cambridge: Cambridge University Press.
  • Blench, Roger et al 2004, The Benue-Congo languages: A proposed internal classification.

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!