O malaiala[3] ou malabar,[3] tamén chamado malayalam[4] (മലയാളം) é unha lingua falada na India polo pobo malaiala, que habita no estado de Kerala. É unha das 22 linguas oficiais do país, e no 2013 foi designada lingua clásica da India.[5] O malaiala é a lingua oficial de Kerala e dos territorios de Lakshadweep e Puducherry. Pertence á familia de linguas dravídicas, e é falada aproximadamente por 33 millóns de persoas, segundo o censo de 2001. Tamén é falado nos estados veciños de Tamil Nadu e Karnataka; con maior presenza nos distritos de Nilgiris, Kanyakumari e Coimbatore no estado de Tamil Nadu, e nos distritos Dakshina Kannada e Kodagu de Karnataka.[6][7][8]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- Gopinathan Nair, B. (2009). "Malayalam". En Keith Brown; Sarah Ogilvie. Concise Encyclopedia of Languages of the World. pp. 680–683.
- Karashima, Noboru (2014). A Concise History of South India: Issues and Interpretations (en inglés). Oxford University Press. ISBN 978-0-19-809977-2.
- Mahapatra, B. P. (1989). Constitutional Languages. The Written Languages of the World: A Survey of the Degree and Modes of Use (en inglés) 2. Presses Université Laval. ISBN 978-2-7637-7186-1.
- Asher, R. E.; Kumari, T. C. (1997). Malayalam (en inglés). Psychology Press. ISBN 978-0-415-02242-2.
- Govindankutty, A. "From Proto-Tamil-Malayalam to West Coast Dialects," 1972. Indo-Iranian Journal, Vol. XIV, Nr. 1/2, pp. 52 - 60.