Share to: share facebook share twitter share wa share telegram print page

Ligamento lateral interno do cóbado

Cóbado

O ligamento lateral interno do cóbado ou ulnar colateral é un ligamento do membro superior humano, pertencente ao cóbado. Ten forma triangular, diferenciándose dúas porcións:

  • Unha anterior, oblicua, co vértice inserido no epicóndilo medial umeral e base inserida na apófise coronoide do cúbito.
  • Unha posterior, tamén triangular. O vértice se insire tamén no epicóndilo medial do úmero mentres que a base se insire no bordo medial do olécrano.
  • Entre o olécrano e a apófise coronoide existen febras transversais.

O ligamento está preto do tríceps braquial, do nervio cubital e do músculo flexor ulnar do carpo. Do ligamento anular parten febras de inserción do músculo flexor común superficial dos dedos da man.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.
Prefix: a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9

Portal di Ensiklopedia Dunia

Kembali kehalaman sebelumnya