O nervio cubital ou nervio ulnar é un nervio do membro superior humano. É unha rama terminal do fascículo medial do plexo braquial.
Características
Preto da súa orixe adoita recibir unha rama comunicante da raíz lateral do nervio mediano, que se orixina no fascículo lateral e porta febras de C7. O nervio cubital pasa polo brazo e antebrazo acadando a man, onde innerva todos os músculos intrínsecos desta (agás os tres músculos da eminencia tenar e os dous músculos lumbricais laterais). No seu traxecto polo antebrazo, dá lugar a ramas para innervar o músculo flexor cubital do carpo e a metade medial do músculo flexor común fondo dos dedos da man. O nervio cubital innerva a pel situada sobre a superficie palmar do quinto dedo, a metade medial do cuarto dedo, a pel da palma e pulso, e a da superficie dorsal da zona medial da man.
Innervacións
O nervio cubital innerva:
Véxase tamén
Bibliografía
- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.