Li Liweng (chinés tradicional e simplificado: 李笠翁; pinyin: Lǐ Lìwēng; Wade-Giles: Li3 Li4-weng1), tamén coñecido como Li Yu (chinés tradicional: 李漁; chinés simplificado: 李渔; pinyin: Lǐ Yú; Wade-Giles: Li3 Yü2), nado en Jiangsu no ano 1611 e finado en 1680, foi un dramaturgo, poeta, novelista, ensaísta e editor chinés da dinastía Qing.[1]
Obras
Autor de O tapiz dos gozos e os rezos (肉蒲團), foi un dos mellores representantes dos literatos que exaltaban os praceres da vida e o erotismo. Nas súas obras tratou temas como a homosexualidade e o hedonismo.
Traducións
- Li Yu (1978).Jou Pu Tuan: Novela erótica china. Tradución ao castelán de Beatriz Podestá. Bruguera.
- Li Yu (1992). La alfombrilla de los goces y los rezos. Tradución ó castelán de Iris Menéndez. Prólogo e notas de Patrick Hanan. Tusquets. ISBN 9788472234680
Notas
- ↑ "Introduction to Li Yu – Towers in the Void: Li Yu and Early Modern Chinese Media" (en inglés). Consultado o 2023-12-04.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- 李漁 (La literatura china traducida en España)