Durante a votación da súa candidatura para Presidente do Goberno (23 de febreiro de 1981), entraron no Parlamento varios gardas civís, que baixo o mando do tenente coronel Antonio Tejero pretendían dar un golpe de Estado militar. Este golpe foi abortado. O goberno de Calvo Sotelo nacía nunhas datas nas que as manifestacións populares contra a involución política, o paro e a debilidade da coalición política permanente protagonizaban a actividade pública española.
Durante o seu mandato, España uniuse á OTAN, que foi moi criticada polo PSOE.
Aínda que nado en Madrid, os seus tíos naceron en Galicia (Joaquín na Coruña e José en Tui como o seu pai), polo que Leopoldo Calvo-Sotelo conservaba un forte vencello coa vila de Ribadeo. Alí pasou parte da súa infancia, alí estudou o bacharelato e alí acudía tamén nos veráns. O rei Xoán Carlos I, o 24 de xuño de 2002, concedeulle o título de Marqués da Ría de Ribadeo con grandeza de España, creado a pé feito para el.[1]
Os seus restos mortais descansan no camposanto de Ribadeo.
Obras
1990, Memoria viva de la transición. Madrid: Plaza & Janés/Cambio 16 ISBN 9788478630103
1999, Papeles de un cesante desde la barrera. Madrid: Galaxia Guttemberg. ISBN 9788481092349
2003, Pláticas de familia, 1878-2003. Madrid: La Esfera de los libros. ISBN 9788497341479