Laura Elizabeth Ingalls naceu nos "Grandes Bosques" de Wisconsin.[2] Foi a segunda filla do matrimonio formado por Charles Phillip Ingalls e Caroline Lake Quiner.[3] Os Wilder descendían da antiga familia Delano, á que pertenceu o presidente Franklin Delano Roosevelt e outras ilustres personaxes.[4][5] Trala súa vida inicial en Wisconsin, a familia Ingalls vaixou cara ao Oeste a través dos estados de Kansas, Minnesota[6] e Dacota. Laura, alumna brillante e intelixente, tivo unha escolarización esporádica e irregular a causa da vida itinerante da súa familia.
Contraeu matrimonio aos dezaoito anos, o 25 de agosto de 1885, con Almanzo James Wilder no territorio de Dacota.[7] Compraron un terreo de 200 hectáreas que foron agrandando; vinte anos despois chegou ás 800 ha.
Tiveron unha filla, Rose Wilder Lane, e despois un fillo que morreu aos doce días.[8][9] Posteriormente as desgrazas encadeáronse: Almanzo enfermou de difteria e quedou parcialmente paralítico. Ao pouco, a súa casa e granxa foron consumidas polo lume,[10] e moitos anos de seca deixáronos endebedados. Incapaces de gañar a vida, os Wilder quedaron un ano na casa dos pais de Almanzo en Spring Walley (Minnesota), ata que puideron restablecerse. En 1891 instaláronse brevemente en Westville (Florida), onde vivía un primo de Laura, coa fin de mellorar a saúde de Almanzo, mais como ela non aturaba a calor e a humidade tiveron que volver ás chairas de De Smet (Dacota do Sur), onde mercaron unha pequena casa.[11][12] En 1894 asentáronse definitivamente en Mansfield, Missouri, onde compraron unha parcela de terra e construíron unha casa que chamaron Rocky Ridge Farm.[13] Alí concluíron a súa existencia dedicados á cría de aves e ao cultivo de árbores froiteiras. Laura comezou a escribir artigos para o Missouri Ruralist e outras revistas e a súa filla convenceuna de que escribise as súas memorias, Pioneer Girl.[14][15]
En 1932 comezou a escribir a serie de novelas autobiográficas que se converteron en Little House on the Prairie. Dise que as primeiras ideas de escribir viñeron da súa nai. O seu avó, trala morte da súa esposa, tamén escribira un libro.
Laura Ingalls morreu aos noventa anos, en 1957.[16]
↑"Eunice Sleeman". Edmund Rice (1638) Association (edmund-rice.org). 2002. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2010. Consultado o 20 de abril de 2010. Eunice Sleeman was the mother of Eunice Blood (1782–1862), the wife of Nathan Colby (born 1778), who were the parents of Laura Louise Colby Ingalls (1810–1883), Ingalls' paternal grandmother
↑"Laura Ingalls Wilder Timeline". Laura Ingalls Wilder. The Herbert Hoover Presidential Library and Museum; National Archives and Records Administration (hoover.archives.gov). Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2014. Consultado o 25 de outubro de 2014.
↑"Laura Ingalls Wilder Timeline". hoover.archives.gov. West Branch, IA, US: The Herbert Hoover Presidential Library and Museum. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2016. Consultado o 8 de xuño de 2016.
↑"De Smet Info". ingallshomestead.com. Consultado o 8 de xuño de 2016.
↑"Laura's Life on Rocky Ridge Farm". Laura Ingalls Wilder Historic Home & Museum. 5 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2017. Consultado o 24 de decembro de 2016.
↑ 14,014,1"Pioneer Girl is out!". 21 de novembro de 2014. Pioneer Girl Project (pioneergirlproject.org). South Dakota Historical Society Press. Consultado o 15 de outubro de 2015.