Laura Gallego García, nada na cidade de Quart de Poblet (Hospital Militar en Mislata, Valencia) o 11 de outubro de 1977, é unha escritora española de xénero fantástico e ficción científica. Estudou Filoloxía Hispánica na Universidade de Valencia. No ano 2012 foi galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola obra Donde los árboles cantan. [1]
Biografía
Aos once anos comezou a escribir cunha amiga súa a que sería a súa primeira novela sen publicar, Zodiaccía, un mundo diferente[2] (dispoñible na súa páxina web[3]). Aos 21 anos, cando estaba estudando Filoloxía Hispánica, escribiu a novela Finis Mundi, coa que obtivo o primeiro premio no concurso El Barco de Vapor da editorial SM.[4] O seu segundo premio no concurso El Barco de Vapor conseguiuno coa súa novela La leyenda del Rey Errante, libro que ela consideraba mellor que o anterior.
É fundadora da revista universitaria Náyade, repartida trimestralmente na Facultade de Filoloxía e foi codirectora desta desde 1997 a 2000.
A súa primeira novela publicada foi Finis Mundi (1999), pero obtivo maior popularidade coa súa triloxía Crónicas de la Torre. Por mor desa triloxía xurdiu un grande interese pola súa obra, especialmente en Internet. Pero aínda que a súa fama se debe principalmente ás novelas xuvenís, publicou tamén obras dirixidas a un público infantil (Retorno a la Isla Blanca, El cartero de los sueños), incluíndo os prelectores (serie de Alba). En 2004 comezou a súa segunda triloxía, titulada Memorias de Idhún, cultivando o seu maior éxito ata o momento, con máis de 1.000.00 de exemplares vendidos. Memorias de Idhún conta cunha adaptación a novela gráfica.
É fundadora da revista universitaria Náyade, que distribúe a Facultade de Filoloxía da Universidade de Valencia e da que foi codirectora desde 1997 ata 2010.
Despois publicou varios libros independentes, a maioría de temática fantástica, ademais da segunda parte de Alas de Fuego, titulada Alas Negras. Tamén se internou na literatura realista coa serie Sara y las goleadoras, que inclúe títulos como: Creando equipo, Las chicas somos guerreras, Goleadoras en la liga, El fútbol y el amor son incompatibles, Las Goleadoras no se rinden e El último gol. A súa novela Donde los árboles cantan, publicada en outubro de 2011, gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil correspondente ao ano 2012. [1]Ademais, a súa traxectoria viuse recompensada co Premio Cervantes Chico. [5]Ese mesmo ano 2012 volveu á literatura infantil con Mago por casualidad. En marzo de 2017, publicou Por una rosa, un libro que contén tres relatos escritos por tres autores diferentes: Laura Galego, Javier Ruescas e Benito Taibo. Trátase de tres historias ambientadas no universo do conto clásico La bella y la bestia.
En 2018 publicou: El bestiario de Axlin, o primeiro libro da triloxía Guardianes de la ciudadela e El secreto de Xein, segundo libro desta saga. A terceira e última parte desta saga saíu o 29 de marzo de 2019 co seu título La misión de Rox.
Trazos temáticos e de estilo
Laura Gallego explorou gran parte dos temas literarios: comeza escribindo literatura histórico-fantástica, coa súa novela Finis Mundi; pero proba tamén a ficción científica, con Las hijas de Tara; e máis tarde a fantasía épica con Crónicas de la Torre e Memorias de Idhún; sen esquecer tampouco a súa literatura infantil.
Na súa narrativa fantástica, e particularmente en Memorias de Idhún, o tema amoroso é tanto ou máis importante que o fantástico, feito que a diferenza notablemente do modelo de J. R. R. Tolkien: os personaxes expresan sen cesar os seus sentimentos, dúbidas, receos, decepcións etc., e guíanse por eles, xeralmente máis que por outros conceptos como a honra ou o deber. Así, a reflexión sobre o propio sentimento ocupa moito espazo nos diálogos e a reprodución do pensamento, feito favorecido pola decisión de empregar un apaixonado triángulo amoroso no que Victoria se sente irremediablemente atraída por dous personaxes opostos e incompatibles.
Obras
Triloxías
- 2000 - El Valle de los Lobos
- 2002 - La maldición del Maestro
- 2003 - La llamada de los muertos
- 2004 - Fenris, el elfo
- 2004 - Memorias de Idhún I: La Resistencia
- 2005 - Memorias de Idhún II: Tríada
- 2006 - Memorias de Idhún III: Panteón
Obras en orde cronolóxica
- 2018 - Guardianes de la Ciudadela I. El Bestiario de Axlin
- 2018 - Guardianes de la Ciudadela II. El secreto de Xein
- 2019 - Guardianes de la Ciudadela III. La misión de Rox
Traducións
Algunhas das súas obras foron traducidas a numerosas linguas como: romanés, francés, polaco, finés, sueco, noruegués, dinamarqués, húngaro, inglés, italiano, alemán, portugués, catalán, coreano e chinés.
Malia isto, polo de agora aínda non hai tradución ao galego de ningunha das súas novelas.
Obras sen publicar e proxectos
A propia Laura Gallego menciona na súa páxina web que antes de que lle publicasen Finis Mundi, escribira moitas outras obras. A día de hoxe ofrece alí algunhas delas como curiosidade, como Zodiaccía, un mundo diferente[2], antes mencionada, e El Desafío de Zhur[2] (tamén dispoñible na web[6]), no que aparece un mundo de Idhún prototípico.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas