Laura Esquivel

Modelo:BiografíaLaura Esquivel

(2011, Sofía) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de setembro de 1950 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Cidade de México Editar o valor en Wikidata
Deputada da Cámara de Deputados de México

Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista, política, escritora, novelista, educadora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoMovemento Rexeneración Nacional Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoRealismo máxico Editar o valor en Wikidata
Participou en
2016Santiago International Book Fair 2016 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAlfonso Arau (–1995) Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLatin American Women Writers: an Encyclopedia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0261294 Twitter: lauraesquivel27 BNE: XX1145859 Dialnet: 4044831 Musicbrainz: b5afff40-2665-4cd4-ada0-f5d6ae568538 Editar o valor en Wikidata

Laura Beatriz Esquivel Valdés, nada en Cuauhtémoc (Cidade de México) o 30 de setembro de 1950, é unha escritora e política mexicana. É coñecida internacionalmente pola súa obra Como agua para chocolate publicada en 1989, traducida a máis de 30 idiomas. En 2015 foi elixida deputada federal polo Movimiento Regeneración Nacional (Morena).[1]

Traxectoria

Esquivel naceu en Cuauhtémoc, Distrito Federal. Foi a terceira de catro fillos do telegrafista Julio César Esquivel e de Josefa Valdés.[2] Realizou estudos de teatro e creación dramática no Centro de Arte Dramático A.C. (CADAC) na especialidade de teatro infantil. É licenciada en educación preescolar (1966-1968), instrutora do Taller de teatro e literatura infantil (1977), instrutora do Taller de asesora de guións Tlaxcala e Oaxaca (1998-2002) e Instrutora do Taller Laboratorio de escritura en Oaxaca, Michoacán e España (1999).

Entre 1970 e 1980 escribiu programas infantís para a televisión mexicana, e en 1983, fundou o Centro de Invención Permanente, integrado por obradoiros artísticos para a infancia, e asumiu a súa dirección técnica.[3]

O seu traballo na televisión impulsouna a dedicarse á escritura de guións para o cinema. Foi entón cando decidiu escribir Como agua para chocolate (1989),[4] de grande éxito comercial.

Nas súas novelas, emprega o realismo máxico, característico da súa primeira obra. Nela proclamou a importancia da cociña como a peza máis importante do fogar, e promove cambios persoais e familiares como forma de revolución interior. A novela foi traducida a máis de trinta linguas.

Como agua para chocolate foi levada ao cinema polo seu entón esposo Alfonso Arau en 1992 e galardoada con 10 premios Ariel da Academia Mexicana das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Tanto o filme como o libro tiveron un grande éxito en moitos países.

En 1994 recibiu o Premio ABBY (American Booksellers Book of the Year.[5]) En 2004 recibiu o premio Giussepe Acerbi, da Universidade de Verona pola novela Tan veloz como el deseo. En 2008 gañou o premio ao mellor audiolibro en castelán que outorga a Asociación de Editores de Audio (APA), por Malinche, publicado en 2006, que inclúe un códice ilustrado por Jordi Castells.

En setembro de 2011, nunha entrevista con motivo da súa participación no Festival Nacional das Artes na Arxentina, revelou que se propuxo escribir a historia de Jacobo Grinberg-Zylberbaum.[6]

En 2014 publicou A Lupita le gustaba planchar, que marcou a súa primeira incursión na novela policíaca, cunha protagonista que é unha muller policía alcohólica, sobrevivente da morte do seu fillo e do abandono do marido que, ao longo da historia, se converte nunha antiheroína, mentres pescuda no asasinato do seu xefe, o delegado (xefe político) de Iztapalapa.[7]

En maio de 2016 publicou El diario de Tita, continuación de Como agua para chocolate. Coa súa novela Mi negro pasado, publicada en novembro de 2017, finalizou a triloxía.[8]

Traxectoria política

En 2007 foi precandidata a deputada local. De 2008 a 2011 ocupou o cargo de Directora xeral de Cultura en Coyoacán, Distrito Federal.[2]

En 2015 foi elixida deputada federal polo Movimiento de Regeneración Nacional (Morena), partido creado por Andrés Manuel López Obrador, e ao que representou nas comisións de Ciencia e Tecnoloxía, Cultura e Cinematografía, e Medio Ambiente e Recursos Naturais.[1]

Vida persoal

De 1975 a 1995 estivo casada co actor e director de cinema Alfonso Arau.[9]

Obras

  • Como agua para chocolate (1989)
  • La ley del amor (1995)
  • Íntimas suculencias (1998)
  • Estrellita marinera (1999)
  • El libro de las emociones (2000)
  • Tan veloz como el deseo (2001)
  • Malinche (2006)
  • A Lupita le gustaba planchar (2014)
  • El diario de Tita (2016)
  • Mi negro pasado (2017)

Notas

  1. 1,0 1,1 "Laura Esquivel asistirá al XV aniversario del Museo de Arte de Puerto Rico". La Prensa (en castelán). 4 de maio de 2016. Consultado o 18 de xullo de 2016. 
  2. 2,0 2,1 "SIL :: Sistema de Información Legislativa-PopUp Legislador". sil.gobernacion.gob.mx. Consultado o 18 de xullo de 2016. 
  3. "Laura Esquivel". Consultado o 18 de xullo de 2016. 
  4. BBC Mundo | De todo un poco | "La literatura es un acto de amor"
  5. "American Booksellers Book Of The Year Award Winners". www.goodreads.com. Consultado o 18 de xullo de 2016. 
  6. Guzzante, Mariana (3 de setembro de 2011). "Laura Esquivel: "No me importa que me tilden de loca si lo que hago contribuye al amor"". Los Andes Cultura (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2015. Consultado o 17 de xullo de 2015. 
  7. Sinopse da obra
  8. País, Ediciones El (18 de xullo de 2016). "Laura Esquivel regresa a la cocina de ‘Como agua para chocolate’" (en castelán). Consultado o 18 de xullo de 2016. 
  9. "Laura Esquivel: "Cambiar de vida es cambiar de guion"" (en castelán). Consultado o 18 de xullo de 2016. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!