Lásky jedné plavovlásky é un filme checoslovaco de 1965 dirixido por Miloš Forman.[2] Conta a historia dunha muller nova, Andula, que ten un traballo rutineiro nunha fábrica de zapatos e que tenta estabelecer unha relación amorosa. Foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 39ª edición dos premios.
Andula é unha traballadora que vive nunha colonia dunha fábrica. Logo dunha festa fai o amor con Milda, pianista dunha banda que visita a colonia. Despois desta experiencia, Andula marcha a Praga, onde vive Milda, sen que el o saiba. Mais Milda vive cos seus pais e comeza unha cómica situación pola visitante inesperada.
Trala súa estrea, Lásky jedné plavovlásky foi un éxito popular no seu país e foi proxectado en varios festivais importantes. O filme foi candidato ao Globo de Ouro ao mellor filme estranxeiro e ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa.[3] A revista Empire situouno no posto 89 dos "100 Mellores Filme do Mundo" en 2010.[4]
A crítica checoslovaca tendeu a centrarse na negatividade que se percibía no filme sobre as condicións sociais e políticas do país, e por iso non foi distribuído na Unión Soviética.[5]
A low-key black-and-white ensemble comedy, Loves of a Blonde was cast predominantly with non-professional actors.