Kutaisi (en xeorxiano: ქუთაისი) é a segunda cidade máis grande e capital lexislativa de Xeorxia e capital da rexión de Imereti. Sitúase a 221 km ó oeste de Tbilisi, cunha poboación estimada de 147,635 habitantes (2014).
Academia de Teatro Estatal Lado Meskhishvili de Kutaisi
Casa da Ópera Estatal Meliton BHalanchivadze de Kutaisi
Teatro de Marionetas Estatal Iakob Gogebashvili de Kutaisi
Centro de Entretemento e Cinema "Suliko"
Hermann-Wedekind-Jugendtheater
Transporte
Aeroporto
A cidade dispón do Aeroporto Internacional de Kutaisi (IATA: KUT, ICAO: UGKO), un aeroporto localizado a 14 km de Kutaisi. É un dos tres aeroportos internacionais que operan en Xeorxia.
Tren
A Estación de Ferrocarril de Kutaisi conecta directamente coa Estación Central de Tbilisi. A liña opera coa empresa nacional de ferrocarril Sakartvelos Rkinigza.
Xeografía
Kutaisi fica ao longo das beiras do Río Rioni. A cidade está nunha elevación de 125-300 metros por riba do niverl do mar.