Con 15 anos iniciou a súa carreira coa banda de Rock en español Ekhymosis, coa que realizou 5 álbums. Ó disolverse esta, Juanes decide lanzarse como solista no 2000, debutando co álbum Fíjate bien, no 2002 ratifica a calidade do primeiro co álbum Un día normal, en 2004 co best-séller mundial Mi sangre e xa en 2007 co que é o seu cuarto álbum de estudio La vida... es un ratico. Del destacan cancións como: "A Dios le pido", "Volverte a ver", "Para tu amor", o hit "La camisa negra" (número un en diversos países de América, Europa e Asia) e o seu máis recente sinxelo "Me enamora".
En 2006 foi nomeado polo goberno de Francia como da orde francesa das artes e as letras. Foi nomeado pola revista estadounidense People como unha das 100 persoas máis influentes do mundo e polos Angeles Times "como a figura do rock latino máis destacada da última década".
Así mesmo de acordo co selo Universal Music, Juanes foi galardoado entre outros, con 19 Premios Grammy Latinos, 5 Premios MTV, 2 NRJ Radio Awards, 6 Premios Lo Nuestro, e outros recoñecementos internacionais, polas súas maxistrais composicións ó amor, desamor, a vida, a familia, os desastres da guerra e a paz.
Traxectoria
Juan Esteban naceu no seo dunha familia influída pola música. Xa de novo o seu pai e os seus cinco irmáns aprendéronlle a tocar a guitarra, instrumento que o acompañou toda a súa vida musical. Comezou a súa carreira artística con 15 anos como membro da banda de rock Ekhymosis coa que gravou 5 álbums e alcanzou notoriedade no seu país. Logo dunha exitosa campaña publicitaria interpretando o jingle dunha marca de zapatos, recibe propostas de varias casas de discos para abandonar o seu estilo metal e aproximarse ao Pop Tropical que daquela encabezaba Carlos Vives. Juanes debuta como solista en 2000 co álbum Fíjate bien realizado xunto ó produtor Gustavo Santaolalla. A crítica especializada non o ten en conta, pero grazas ó impulso dos 7 nomeamentos ós Latin Grammy (das que é galardoado con 3) que a súa audiencia crece a maiores públicos en América.
Á vez coa promoción do álbum, o artista compón o que sería o seu segundo álbum de estudio como solista: Un día normal, que sae á luz en 2002. Ademais do éxito do himno á paz "A Dios le pido" destácanse cancións como: "Mala gente", "Es por ti", "Un día Normal", e o dúo xunto á exitosa cantante canadense Nelly Furtado titulado Fotografía. O álbum é acollido polo público chegando a ser o máis vendido dentro do xénero Tropipop en Colombia, México, España e entre os públicos hispanos dos Estados Unidos, entre outros. En outubro do mesmo ano a cadea MTV Latino congratúlao co premio a mellor artista do ano.
O éxito da súa música continuada en Un día Normal, lévao a recibir diversos premios á música arredor do mundo: Premios Univisión e Latin Bilboard nos Estados Unidos, Amigo en España e Viña del mar en Chile, á vez que realiza un tour de máis de 100 presentacións nos Estados Unidos e Hispanoamérica. Ó finalizar o ano novamente arrasa nos Grammy latino con 5 premios e outros dous MTVLA. En 2004 lanza o single Nada valgo sin tu Amor, preámbulo do seu terceiro álbum: Mi sangre lanzado meses máis tarde, con cancións como Volverte a ver e Para tu amor, sitúase nos primeiros lugares de preferencia e vendas entre o público Hispano-americano, pero é en 2005 co orixinal corte musical La Camisa Negra que Juanes xera furor en todo o mundo. A pesar das críticas adversas de publicacións como Rolling Stone que levan ó artista e o seu representante a vetar a publicación, a canción sitúase número 1 non só en Latinoamérica senón tamén en países culturalmente distintos que o acollen como o éxito bailable do ano como Alemaña, Francia, Países Baixos, Finlandia, Xapón, entre outros, superando o éxito de A Dios le pido. Durante o resto do ano e metade do 2006 Juanes leva a súa música arredor do mundo no Tour Mi sangre, logrando cheo total en centenares de presentacións. En agosto do mesmo ano anuncia o seu retiro temporal a un ano sabático para traballar en causas sociais, descansar coa súa familia e crear nova música.
O 4 de setembro de 2007 Juanes reaparece co lanzamento público do primeiro tema do seu cuarto álbum de estudio, single titulado Me enamora, que debuta con grande acollida en Latinoamérica, España, e os Estados Unidos hispano, posicionándose no primeiro lugar de preferencia entre o público de España, Arxentina, Centroamérica, Colombia, Chile, Estados Unidos hispano, entre outros países e ingresa ata a tops de países non hispanos como Finlandia, Alemaña, Croacia, o billboard 200 dos Estados Unidos, entre outros. O 23 de outubro sae oficialmente en máis de 77 países en simultáneo "La vida...es un ratico", nova produción musical que trae unha fusión de rock con ritmos floklóricos latinos e completamente en español, que é o estilo que creou Juanes e é co que sente cómodo, segundo sinalou. Inclúe a participación do cantante de punk-pop alemán Campino e do tamén rockeiro arxentino Andrés Calamaro. O novo álbum é considerado pola crítica como unha síntese dos anteriores traballos, con ritmos novos como o vallenato e folklor latino.