Juan Latino

Modelo:BiografíaJuan Latino
Nome orixinal(es) Juan de Sessa Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
c. 1518 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Etiopía Editar o valor en Wikidata
Morte1594 ↔ 1597 Editar o valor en Wikidata (71/81 anos)
Granada, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaIgrexa de Santa Ana Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Granada Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, escritor, profesor universitario, latinista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1556 Editar o valor en Wikidata - 1586 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorElvira Fernández de Córdoba
Gonzalo II Fernández de Córdoba
Universidade de Granada Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioJuan Latino
El Negro Juan Editar o valor en Wikidata
MecenasGonzalo II Fernández de Córdoba Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of African Biography, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4966025

Juan Latino, tamén coñecido como Juan de Sessa e como Ioannes Latinus, nado cerca de 1518 e finado entre 1594 e 1597 en Granada foi un poeta e humanista do Renacemento español. Pódeselle considerar a primeira persoa racializada negra que recibiu estudos universitarios e que alcanzou unha cátedra (que foi de Gramática e Lingua Latina na Universidade de Granada).[1]

Biografía

Juan naceu sobre 1518, fillo dunha escrava etíope, comprada por Luís Fernández de Córdoba e Zúñiga, IV conde de Cabra, e a súa esposa Elvira Fernández de Córdoba, II duquesa de Sessa, filla do Gran Capitán. Juan Latino afirmou ter nacido cristián en Etiopía, antes de ser convertido en escravo. O seu acérrimo inimigo literario, León Roque de Santiago, asegurou que era fillo natural de Luís Fernández de Córdoba e Zúñiga, e por tanto medio-irmán de Gonzalo, algo que ningún dos seus opositores coetáneos afirmaron.

Foi asignado ao fillo dos seus señores Gonzalo, algo máis novo que el e con quen desenvolvería unha forte relación. En 1524, faleceu a duquesa en Italia, e dous anos despois faríao o conde, instalándose Gonzalo e as súas irmás en Granada ao coidado da súa avoa materna, onde Gonzalo foi educado e instruído nas artes liberais. Durante eses anos, Juan aproveitou a educación que impartían ao novo duque ao participar con el nas leccións. Máis tarde, ao ter que acompañalo ás súas clases na Universidade de Granada, logrou seguilas tamén, todo un reto, "pois non lle estaba permitido entrar nas aulas e tiña que escoitar desde fóra".[2]

Foi manumitido en 1538 e continuou os seus estudos en Granada. Alí estiveron tamén, e talvez chegaríaos a coñecer, Juan Boscán, Garcilaso de la Vega e Juan Rufo; con este último adoitábase confundir a Juan Latino, xa que compuxo un poema de igual título que el, Austriada. O asunto desa composición épica en hexámetros latinos tiña que ver coa estancia de Juan de Austria en Granada, o que suxeriu a Deza encargarlle a Juan Latino a tarefa de escribir un gran poema que cantase a gran fazaña da vitoria de Lepanto en versos latinos; é de supor que para solicitar información de primeira man entrevistouno por entón.

O 2 de febreiro de 1546 obtivo o título de Bacharel en Filosofía. Namorou dunha das alumnas á que daba clases de música, a nova nobre Ana de Carleval, filla dun administrador do Ducado de Sessa. O caso é que a infrecuente relación frutificou, o casamento tivo lugar entre 1547 e 1548, seica impulsado por algún feito consumado, e o matrimonio tivo catro fillos.[2]

En 1556 alcanzou o grao de licenciado universitario e o 31 de decembro de 1556 recibiu na Universidade para rexela, de Pedro Guerrero, arcebispo de Granada, a cátedra de Gramática e de Lingua Latina da Catedral, cargo que desempeñou durante vinte anos.

O 3 de decembro de 1578, morreu o seu amigo da infancia e protector Gonzalo Fernández de Córdoba, e Juan Latino comentáballe ao novo arcebispo, Juan Méndez de Salvatierra, tamén de humilde berce, o seu agarimo ao seu amigo da infancia nunha sentida elixía: "Tanto pueden las letras -le-, que al faltarnos éstas, ni vos saliéredes del campo tras de un arado, ni yo de una caballeriza almohazando caballos".

Retirado da docencia en 1586, falecido entre 1594 e 1597, foi enterrado na igrexa de Santa Ana, onde tamén o serían a súa esposa e descendentes.[3]

Catedral de Granada

Obras

A produción poética conservada de Juan Latino resúmese en tres volumes:

Epigramas (Ad catholicum pariter... Philippum, Deque Sanctissimi Pii Quinti... e Austrias Carmen.), (1573)
Composicións dedicadas ao presunto herdeiro da coroa, Fernando, fillo de Filipe II e a súa segunda muller, Dona María de Portugal, nacido o ano de 1571, dedicadas ao papa Pío V, e a súa composición poética máis extensa, Austriadis Carmen, a primeira obra poética, con data comprobada, que se refire á batalla de Lepanto (habida o 7 de outubro de 1571). Compúxoa en menos dun ano, pois o privilexio de impresión está datado en outubro de 1572, e utiliza o difícil latín humanístico da época, preñado de evocacións de Virxilio e dun grande estilo retórico.
De translatione corporum regalium (1576)
Un minucioso e detallado relato do traslado ao panteón do Real Mosteiro de San Lorenzo del Escorial dos corpos reais depositados en Granada, por mandato de Filipe II: o da súa nai a emperatriz Isabel, a súa primeira muller María de Portugal e os seus dous irmáns Fernando e Xoán. Xunto ao relato publícase o conxunto de epigramas que decoraron os túmulos.
Ad Excellentissimum et Invictissimum D. D. Gonzalum Ferdinandez a Corduba, (1585)
Unha sentida elixía ao seu amigo e protector.

Notas

  1. "| Ayuntamiento de Cabra" (en castelán). Consultado o 7 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Juan Latino, la biografía del esclavo catedrático de Granada". Curso de Especialista Universitario en Cultura y Pensamiento de los Pueblos Negros (en castelán). 5 de xullo de 2018. Consultado o 9 de agosto de 2018. 
  3. Juan Latino na 'Real Academia de la Historia'

Véxase tamén

Bibliografía

  • González Vázquez, José (1983). "Juan Latino, imitador de Virgilio" (3): 129–138. 
  • Latino, Juan (1981). La Austriada de Juan Latino. Int., Trad. y notas por José A. Sánchez Marín. Universidad de Granada. 
  • Marín Ocete, A. (1923 y 1924). "El negro Juan Latino. Ensayo de un estudio biográfico y crítico": 97 102 y 25 82. 
  • Naveros Sánchez, Juan; Santos Flores, María Eugenia. El negro Juan Latino, gloria de España y de su raza. 
  • Sánchez Marín, José Antonio; Muñoz Martin, María Nieves (1980). "La Austriada de Juan Latino: teoría y creación literaria épicas": 211–216. 
  • Sánchez Marín, José Antonio; Muñoz Martín, María Nieves (1990). "Apuntes sobre los epigramas del humanista Juan Latino": 327–333. 
  • Sánchez Marín, José Antonio; Muñoz Martín, María Nieves (8 al 11 de mayo de 1990). actas del I Simposio sobre Humanismo y pervivencia del mundo clásico 2. Alcañiz. pp. 1003–1020.  Recoge los contenidos presentados a: Simposio Sobre Humanismo y Pervivencia del Mundo Clásico (1990, Alcañiz)
  • Sánchez Marín, José Antonio (2003). "Una visión contrarreformista del papado: De rebus et affectibus Papae Pii Quinti de Juan Latino". Braga: 119–134. 
  • Sánchez Marin, José Antonio; Muñoz Martín, María Nieves (2009). "El Maestro Juan Latino en la Granada renacentista. Su ciudad, su vida, sus protectores" (20): 231–264. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!