Juan Carlos Vilar Pérez, nado en Cerponzóns (Pontevedra) o 4 de decembro de 1958, é un profesor e debuxante galego.
Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Deu clases a adultos no cárcere da Parda e desde o seu peche no Centro Público de Educación e Promoción de Adultos (EPAPU) Nelson Mandela do Centro penitenciario da Lama[1], da que é director[2]. Xogou na SD Teucro entre 1978 e 1984.[3]
Como debuxante ten formación autodidacta, en base a gravados de grandes pintores. Comezou debuxando a lapis e carboncillo, e a súa técnica derivou ao gouache, tinta chinesa e acrílico. Ten un estilo realista, e os seus cadros adoitan recrear paisaxes urbanas e naturezas mortas[4], recreándose nos pequenos detalles[5]
Comezou expoñendo de forma colectiva en 1974 no Liceo de Vilagarcía de Arousa. En 1982 fixo a súa primeira exposición individual na Sala Albatros de Pontevedra, e en 1995 expuxo no Teatro Principal da mesma vila. En 1986 foi seleccionado no certame Novos Valores do Museo de Pontevedra.
Ilustrou o libro de Pepy G. Clavijo Pontevedra, de los nombres propios de las calles (1996), así como a súa reedición Las calles de Pontevedra (2008).