O centro penitenciario da Lama é unha prisión situada no concello da Lama. En 2010 o seu director era José Antonio Gómez Novoa.
É un dos cinco centros penitenciarios que funcionan en Galicia xunto co CP de Bonxe (Outeiro de Rei), CP de Monterroso, o CP do Pereiro de Aguiar (O Pereiro de Aguiar), e o CP de Teixeiro (Curtis).
Historia e características
Localización dos centros penitenciarios de Galicia.
Foi inaugurado en 1998. A súa construción, no lugar de Racelo, xunto a Ponte Verdugo, a 2 km do núcleo da Lama, deseñada por Francisco María Martín Carrero, foi levada a cabo pola UTE das construtoras San José e Abengoa, cun custo de 7575 millóns de pesetas. O recinto abrangue 361 430 m², dos cales 86 081 son edificacións.
Ten capacidade total para 1211 persoas (1008 internas, 86 no módulo de ingresos, saídas e tránsitos, 81 na enfermería e 36 no módulo de illamento), pero ten unha ocupación real duns 1800 presos e presas.
No centro está o Centro Público de Educación e Promoción de Adultos (EPAPU) Nelson Mandela,[1] da que é director Juan Carlos Vilar Pérez.[2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas