Localización dos centros penitenciarios de Galicia.
O centro penitenciario do Pereiro de Aguiar é unha prisión situada no concello do Pereiro de Aguiar.[1] Atópase na parroquia de San Miguel de Calvelle. É un dos cinco centros penitenciarios que funcionan en Galicia xunto co CP da Lama, o CP de Bonxe (Outeiro de Rei), CP de Monterroso e o CP de Teixeiro (Curtis).
En 2024 o director do centro era Francisco González Pérez.[2]
Historia
Inaugurouse en maio de 1987, coincidindo co peche da vella Prisión Provincial de Ourense.[3] Nos primeiros anos da década de 2020 o goberno de España investiu 3 millóns de euros para realizar melloras no centro penitenciario.[2] En 2024 contaba cuns 260 internos, dos cales 22 eran mulleres.[2]
Notas