Abriu un estudio na década dos sesenta co tamén arquitecto Rafael Baltar, estudio ao que posteriormente se sumou Carlos Almuíña. Con esta firma desenvolveu todo tipo de traballos, se ben estiveron especializados en rehabilitacións de monumentos históricos e teatros.