J Mascis, nado o 10 de decembro de 1965 en Amherst, Massachusetts, é un músico estadounidense. É coñecido sobre todo por ser o cantante, guitarrista e compositor de Dinosaur Jr., a pesar de traballar ocasionalmente como produtor ou como compositor de música de películas.
Traxectoria
Nado en Amherst, Massachusetts, fillo dun dentista local,[1] medrou na mesma zona coa súa irmá Patty e o seu irmán maior Mike.[2] A súa nai, Theresa, morreu en 1985 mentres que o seu pais, Joseph Sr., morreu en 1993.[3][4]
Mascis converteuse nun fan da música e entusiasta da batería aos 9 anos, e posteriormente uniuse ao conxunto de jazz do colexio como batería.[5]
Aos 17 anos, a principios dos 80, Mascis uniuse á banda hardcore de curta vida Deep Wound, cos amigos do instituto Lou Barlow, Scott Helland e Charlie Nakajima.[4] Comezou tocando a batería, pero cambiou para a guitarra cando fundou o grupo Dinosaur Jr. (co baixista Barlow e o batería Patrick "Murph" Murphy) en 1984 acadando éxito en todo o país.[4] A súa voz foi comparada coa de Neil Young, e os seus riffs de guitarra designados coma "monolíticos".[6] Despois de que Mascis despedise a barlow de Dinosaur Jr. en 1989 gravou varios discos coa banda ata 1997, e tamén un álbum en solitarios acústico titulado Martin + Me en 1996. En 1989 Kurt Cobain suxeriu que Mascis se unise a Nirvana como guitarrista.[7]
Foi batería do proxecto paralelo Upsidedown Cross, unha banda de doom metal de Boston que tamén contaba con Seth Putnam de Anal Cunt, que editou un álbum auto-titulado co selo Taang! Records en 1991. Mascis escribiu temas para a película Gas, Food, Lodging e fixo un cameo na mesma. En 1996 tivo un pequeno papel no filme Grace of my Heart e achegou un par de temas á súa banda sonora. No ano 2000 comezou a traballar nos discos da súa nova banda, J Mascis and the Fog.
En abril do 2005 Mascis reuniuse con Barlow e Murph, o trío orixinal de Dinosaur Jr., para realizar unha xira de celebración da re-edición dos seus primeiros tres álbums. Dende entón lanzaron dous novos traballos: Beyond (2007) e Farm (2009).
No mes de agosto do 2005 Mascis editou un novo traballo en solitrio baixo o nome de J Mascis and Friends, J and Friends Sing and Chant For Amma, un álbum adicado ao líder relixioso hindú Mata Amritanandamayi, sobre o cal anteriormente compuxera a canción "Ammaring", aparecida no primeiro álbum de J Mascis + The Fog More Light. Os beneficios do disco foron doados á organización de Mata Amritanandamayi, que actuou axudando aos damnificados do tsunami do ïndico do ano anterior.
Discografía
En solitario
Notas
|
---|
|
Álbums de estudio | |
---|
Sinxelos | |
---|
Artigos relacionados | |
---|