Jorge Fernández Madinabeitia, nado en Vitoria o 8 de agosto de 1972, é un ex xogador de baloncesto, modelo, actor e presentador de televisión vasco.
Viviu a súa infancia na localidade guipuscoana de Arrasate. É licenciado en Educación Física pola UPV, no Instituto Vasco de EF de Vitoria e impartiu clases de EF no colexio Virgen Niña de Vitoria.
Aos 26 anos decide traballar nunha Axencia de Modelos en Donostia. En 1999 obtivo o premio Míster España, título que, caso único entre todos os Míster España, conservou dous anos seguidos ao non celebrarse o certame o ano 2000.[1] Foi xogador de baloncesto, chegando a debutar na Liga ACB co TAU Cerámica Baskonia de Vitoria-Gasteiz en 1998.
Tras a obtención do título de Míster España, iniciou a súa carreira artística, que o levou á presentación de numerosos programas de televisión, así como a intervir nalgunhas series, como Los Serrano (2003-2008), onde interpretaba a Andrés, o irmán de Candela.
Actualmente presenta o concurso La ruleta de la suerte en Antena 3 e o reality show Esta casa era una ruina. Por ambos os traballos recibiu o Premio Ondas en 2008.
En 2010 presentou xunto a Sandra Daviú as Badaladas de Fin de Ano en Antena 3.