Na súa obra Das Mutterrecht (O dereito materno), confronta os mitos gregos e os feitos históricos que nos deixaron os autores gregos, do cal deduce, seguindo a Joseph François Lafitau (Mœurs des sauvages Amériquains [sic] comparées aux mœurs des premiers temps) a posible existencia de sociedades de tipo matriarcal na Grecia antiga, baséase sobre todo no testemuño de Herodoto sobre as prácticas matrilineais de Licia, no mito das Amazonas ou mesmo nos cultos atenienses dedicados á Natureza.
Teses
As teses de Bachofen artéllanse sobre dous grandes principios:
Dunha banda, Bachofen é un dos primeiros autores en evocar unha dominación do principio feminino (« Gran Deusa ») no seo da relixión das primeiras sociedades humanas: a Deusa como encarnación da vida e da prosperidade. Así, na Grecia antiga, o panteón primitivo grego estaría dominado polas divindades femininas denantes que os homes se investisen de poder relixioso e establecesen o patriarcado sobre o lugar do culto da Deusa os cultos da época clásica. A arqueoloxía posteriormente descubriu numerosos obxectos prehistóricos testemuñando un culto aos órganos xenitais femininos.
En segundo lugar, para Bachofen, a época primitiva é a era da xinecocracia do dereito materno, ou a herdanza do poder, que se transmite de nai a filla. A vida social aparece marcada pola promiscuidade dos tempos prehistóricos, tan só a maternidade pode ser probada, as mulleres libéranse da tiranía dos caprichos masculinos por medio do poder da relixión.
Véxase tamén
Bibliografía
Walter Benjamin, « J. J. Bachofen » (1935) inEcrits Français, Gallimard, coll. « Folio Essais », 2003, pp. 123–146 ;
Manfred Frank, Le Dieu à venir, leçon III & IV, trad. F. Vatan et V. von Schenck, Actes Sud, coll. « Le génie du philosophe », 1990, pp; 34-38.
Simon Pembroke :
(en inglés) « Last of the Matriarchs: A Study in the Inscriptions of Lycia », Journal of Economic and Social History of the Orient 8 (1965), pp. 217–247,
(en inglés) « Women in Charge: the Function of Alternatives in Early Greek Tradition and the Ancient Idéa of Matriarchy », Journal of the Warburg and Courtauld Institutes, 30 (1967), pp. 1–35 ;
Pierre Vidal-Naquet, « L'Enfant grec, le cru et le cuit » et « Les esclaves immortelles d'Athéna Ilias », inLe Chasseur noir. Formes de pensée et formes de société dans le monde grec, La Découverte, coll. « Poche », 2005 (edición de 1981) (ISBN 2-7071-4500-9), pp. 177–207 et 249–288.