Johan Petro, nado en París o 27 de xaneiro de 1986, é un ex xogador francés de baloncesto profesional descendente de familia de Guadalupe.[1]
Traxectoria
Foi seleccionado polos Seattle SuperSonics na 25ª posición do Draft da NBA de 2005. O 7 de xaneiro de 2009, Petro foi traspasado aos Denver Nuggets xunto a unha elección da segunda rolda do Draft da NBA de 2009, a cambio de base Chucky Atkins, unha elección da primeira rolda do Draft de 2009 e compensacións económicas.[2] Os Nuggets rexeitaron a opción de equipo de Petro, facendo del un axente libre non restrinxido. Con todo, aceptaron a súa opción o 27 de agosto de 2009.[3]
O 10 de xullo de 2010, os New Jersey Nets ficharon a Petro, cun contrato de 3 anos cun valor de 10 millóns de dólares.
O 11 de xullo de 2012, os Nets traspasaron a Petro, Jordan Farmar, Jordan Williams, Anthony Morrow, e DeShawn Stevenson ós Atlanta Hawks a cambio de Joe Johnson.[4]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
Primeira Rolda | |
---|
Segunda Rolda | |
---|