Jane Ellen Harrison

Modelo:BiografíaJane Ellen Harrison

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de setembro de 1850 Editar o valor en Wikidata
Cottingham, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte15 de abril de 1928 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Bloomsbury, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónCheltenham Ladies' College (en) Traducir
Newnham College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEstudos clásicos, ensaio, lingüística, mitoloxía, Filoloxía clásica e ancient religion (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlingüista, antropóloga, escritora, historiador da arte, científica, erudita clásica, ensaísta, mitógrafa, profesora universitaria, sufraxista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Cambridge Editar o valor en Wikidata
MovementoCírculo de Bloomsbury Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLibrary of the World's Best Literature
A Historical Dictionary of British Women, (p.207) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1301468 WikiTree: Harrison-19937

Jane Ellen Harrison, nada o 9 de setembro de 1850 e finada o 5 de abril de 1928 foi unha académica, lingüista e feminista británica. Harrison é unha das fundadoras, con Karl Kerenyi e Walter Burkert, dos estudos modernos en mitoloxía grega.

Traxectoria

Aplicou os descubrimentos arqueolóxicos ás interpretacións da relixión grega de tal forma que se tornaron padrón. Académicos contemporáneos como Mary Beard, biógrafa de Harrison, describiuna como "a primeira profesora de carreira académica da Inglaterra".[1]

Harrison iniciou os estudos formais en Cheltenham Ladies' College, onde conseguiu un diploma. En 1874, continuou estudos clásicos no Newnham College, da Universidade de Cambridge. Conseguiu dous doutoramentos, un na Universidade de Aberdeen en 1885 e outro na Universidade de Durham en 1897. Este recoñecemento garantiulle a oportunidade de retornar ó Newnham College como unha conferencista en 1898.

Primeiros traballos

A primeira monografía de Harrison, en 1882, presentou a tese que tanto a Odisea de Homero e as artes visuais das cerámicas foron inspiradas en fontes fundamentais da mitoloxía, unha opinión que até entón non era común na arqueoloxía, e que o repertorio destas cerámicas podería ofrecer informacións sobre mitos e rituais.

A maneira con que desenvolveu seu gran traballo, Prolegomena to the Study of Greek Religion (1903),[2] foi o de proceder do ritual para o mito que o inspirou.: "Na teoloxía os traxes son máis difícies de ver, a verdade é máis difícl de formular do que o ritual." (p 163). É así que ela comeza o libro analizando os festivais atenienses: Anthesteria, festival de colleita, Thargelia, Kallynteria, Plynteria, e o festival das mulleres, no cal detectaba moitos resquícios do primitivismo, Thesmophoria, Arrophoria, Skirophoria, Stenia e Haloa.

Notas

  1. Mary Beard "Living with Jane Harrison", Arquivado 27 de maio de 2009 en Wayback Machine. A Don's Life blog, The Times, 22 de maio de 2009.
  2. "Once or twice in a generation a work of scholarship will alter an intellectual landscape so profoundly, that everyone is required to re-examine normally unexamined assumptions," Robert Ackerman begins his Introduction to the Princeton University Press reprint, 1991.

Véxase tamén

Outros artigos

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!