Formouse entre 1955 e 1959 na facultade de teatro da Academia de Artes Escénicas de Praga, converténdose en 1959 no actor máis novo do Teatro Nacional de Praga[1]. En 1966 deixouno polo Teatro Za Branou fundado polo disidente Otomar Krejča. Despois da súa desaparición en 1973 traballou nun teatro de Kladno e entre 1974 e 1977 na rede de teatros municipais de Praga. Realizou moitos papeis de teatro, televisión e cinema, como o drama Radúz a Mahulena (1970) de Julius Zeyer ou a serie 30 případů majora Zemana. Apareceu no rexistro da Seguridade do Estado StB como axente co nome en clave de "Toman", e número de rexistro de 5 680.[2] Non obstante, el afirmou[3] que nunca fora axente e que fora o StB quen intentara recruralo sen éxito.
Colleu sona polo seu papel do profesor Igor Hnízdo no filme de Jan Svěrák, Obecná škola (1991; candidato ao Oscar), tamén participou en filmes como Želary (2003; tamén candidato ao Oscar), Horem pádem (2004) e representou o Rei Lear no festival de verán de Shakespeare en 2002, recibindo o Premio Alfréd Radok.
Pola súa interpretación do marqués de Sade no filme de ŠvankmajerověŠílení gañou o premio eslovaco Slnko ao mellor actor de 2006[4]. Outro papel salientable foi a adaptación cinematográfica do poema de Karel Hynek MáchaMáj en 2008.
O 23 de setembro de 2017 caeu da Ponte de Carlos en Praga ao río Moldava, os pasaxeiros dun bote lograron rescatalo; hospitalizado en estado grave[5], morreu dous días despois, o 25 de setembro de 2017.[6]