Iván Area

Modelo:BiografíaIván Area
Biografía
Nacemento1971 Editar o valor en Wikidata (52/53 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Director de teseEduardo Godoy Malvar (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncatedrático, gaiteiro, matemático, político Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Vigo, catedrático de universidade (2022–)
Universidade de Vigo, professor associado (pt) Traducir (2002–2022)
Universidade de Vigo, professor associado (pt) Traducir (2000–2002)
Universidade de Vigo, profesor asistente (1999–2000)
Universidade de Santiago de Compostela, profesor asistente (1998–1999)
Universidade de Vigo, profesor asistente (1995–1998)
Universidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoFatemeh Soleyman (en) Traducir, Jorge Losada (en) Traducir e Jean-Daniel Djida (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsRamón Area Carracedo Editar o valor en Wikidata

BUSC: area-carracedo-ivan-carlos-1971 Dialnet: 3050044

Iván Carlos Area Carracedo, nado en Ourense en 1971 é un matemático, gaiteiro e político galego.

Traxectoria

Formación e experiencia como docente

Licenciouse en Ciencias Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela (1989-1994) e obtivo o doutoramento en Ciencias Matemáticas pola Universidade de Vigo en 1999[1], baixo a dirección do profesor Eduardo Godoy Malvar[2], obtendo a cualificación de Sobresaliente Cum Laude e o premio extraordinario de doutoramento.

No ano 2000 obtivo a praza de profesor titular de Universidade, adscrito ao Departamento de Matemática Aplicada II Arquivado 27 de novembro de 2018 en Wayback Machine. da Universidade de Vigo[3][4] .

Ten recibido distintos premios e mencións polo seu labor docente. Así mesmo, é autor de varios manuais de matemáticas en galego para estudantes de primeiro curso de ensinanzas técnicas. Tamén é autor de máis de oitenta artigos científicos[5] en revistas de recoñecido prestixio indexadas no Journal Citation Reports (JCR), dos que no 2019 máis de trinta son de artigos no primeiro tercil e máis de vinte e cinco no primeiro cuartil Q1.

Os seus traballos de investigación inclúen polinomios ortogonais de variable discreta; polinomios ortogonais con respecto a un produto escalar de tipo Sobolev; polinomios ortogonais en varias variables; funcións especiais; ceros de polinomios ortogonais; cálculo fraccionario; cálculo fraccionario discreto; modelos epidemiolóxicos e bioinformática.

COVID-19

O 4 de marzo de 2020, conxuntamente con outros investigadores, advertiu da imposibilidade de ter eleccións galegas o día 5 de abril, pois segundo o seu modelo matemático coincidiría co número máximo de persoas novas infectadas pola COVID-19. Durante a pandemia, realizou distintas simulacións para predicir o avance da enfermidade en Galicia, formando parte do conxunto de científicos que asesorou ao goberno galego.[Cómpre referencia]

Xestión universitaria

Foi subdirector da E.T.S.E. de Telecomunicación da Universidade de Vigo; vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo[6] desde xuño de 2006 até a xuño de 2010; de 2016 a 2018 subdirector da E.E. Aeronáutica e do Espazo da Universidade de Vigo; de 2018 a 2020 delegado do Reitor na Comisión Interuniversitaria de Galicia, desde onde se coordinan as probas e o acceso á universidade; no ano 2020, Director de Avaliación do Profesorado na ANECA; desde o ano 2022 novamente delegado do Reitor na Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG).

De 2017 a 2020 foi o Secretario Xeral do Comité Directivo do CIMPA (Centro Internacional de Matemáticas Puras e Aplicadas)[7], centro UNESCO de categoría 2 que ten como misión a promoción das matemáticas en países en desenvolvemento.

Formación e experiencia como gaiteiro

Comezou a súa formación como gaiteiro a comezos dos anos oitenta na “Escola de Gaitas da Deputación de Ourense” naquela altura dirixida por Manuel Brañas Méndez.

Formou parte do grupo “Gaiteiros da Ponte Vella” cos que gravou Marcha do meu pobo[8], onde aparecen recollidas gravacións de campo realizadas ao gaiteiro trasmirao Francisco Villarino Ojea, coñecido como Paco de Escornabois, ademais das interpretacións do grupo.

Foi membro do grupo “Bate Certo”[9], desde os seus comezos até a súa disolución coa gravación ao vivo, no Café Cultural Auriense, do CD “Projecto Entropia”.

Até o ano 1996 foi asiduo de concursos nos que acadou diversos premios como solista e tamén coas distintas formacións nas que participou. En particular, foi finalista do Trofeo Macallan (no Festival Interceltique de Lorient) nos anos 1988, 1989, 1990, 1994 e 1995.

Participou na elaboración do libro-CD Doce Polainas Enteiras[10], obra de José Presedo e Astrid Filgueira, editado por Edicións do Cumio. Igualmente, formou parte do equipo de investigación do libro Catálogo de Músicos da Limia: Música Tradicional[11], coordinado por Cástor Castro e editado por Difusora de Artes, Letras e Ideas, no ano 2005. Tamén formou parte da “Aula de Gaiteiros Gomes Mouro” e de “Zigue Zague” de Ourense.

Entre o 2001 e o 2006 foi colaborador no programa Lume na palleira dentro do espazo “O recuncho da palleta”[12], sendo o compositor da melodía introdutoria do dito espazo.

Por fin, foi vice-presidente da "Asociación de Gaiteiros Galegos” entre os anos 2003 e 2006.

Patrimonio cultural inmaterial

No período 2007-2011 foi o coordinador xeral do Proxecto Ronsel Arquivado 27 de decembro de 2018 en Wayback Machine.[6] , convenio de colaboración entre distintas consellarías da Xunta de Galicia e as tres universidades públicas galegas, que tiña como obxectivos a salvagarda e posta en valor do patrimonio cultural inmaterial de Galicia. Froitos dese convenio foron o plan para a salvagarda e posta en valor do patrimonio cultural inmaterial de Galicia Arquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine., e distintas obras divulgativas entre as que cómpre destacar "Contos de Ida e Volta Arquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine.", "Instrumentos tradicionals galegos. Unha selección natural Arquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine.", ou "Técnicas artesanais tradicionais". Ademais, a obra de Pablo Carpintero Arias titulada "Os instrumentos musicais na tradición galega" que foi premio Antón Losada Diéguez de investigación e ensaio no ano 2010. Esta obra está esgotada e actualmente dispoñible en liña grazas á colaboración co Consello da Cultura Galega.

Traxectoria política

Foi nas listas do Bloque Nacionalista Galego nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2009[13] e nas Eleccións Municipais de 2011 á alcaldía de Ourense[14].

Vida persoal

É irmán do psiquiatra Ramón Area Carracedo e fillo do filósofo Ramón Area Míguez.

Obra

Manuais de ensinanza

Artigos científicos

  • Area Carracedo, Iván; Masjed-Jamei, M.; Soleyman, F.; Nieto, J.J. (2018). "Two finite q-sturm-liouville problems and their orthogonal polynomial solutions". Filomat (en inglés). 
  • Area Carracedo, Iván; Branquinho, A.; Moreno, A.F.; Godoy,, E. (2018). "Orthogonal Polynomial Interpretation of q-Toda and q-Volterra Equations". Bulletin of the Malaysian Mathematical Sciences Society (en inglés). 
  • Area Carracedo, Iván; Masjed-Jamei, M.; Moalemi, Z.; Nieto, J.J. (2018). "A new type of Taylor series expansion". Journal of Inequalities and Applications (en inglés). 
  • Area Carracedo, Iván; Prado, X.; Paredes, A.; Edelstein, J.D.; Mira, J. (2018). "Archimedes meets Einstein: A millennial geometric bridge". European Journal of Physics (en inglés). 
  • Area Carracedo, Iván; Soleyman, F.; Sadjang, P.N.; Masjed-Jamei, M. (2018). "(p,q)-Sturm-Liouville problems and their orthogonal solutions". Mathematical Methods in the Applied Sciences (en inglés). 
  • Area Carracedo, Iván; Ndaïrou, F.; Nieto nome3=J.J.; Silva, C.J.; Torres, D.F.M. (2018). "Mathematical modeling of Zika disease in pregnant women and newborns with microcephaly in Brazil". Mathematical Methods in the Applied Sciences (en inglés). 
  • Area Carracedo, Iván; Torres, D.F.M.; Silva, C.; Silva, C.J. (2019). "The Portuguese Meeting in Biomathematics". Statistics, Optimization and Information Computing (en inglés). 
  • Area Carracedo, Iván; Djida, J.-D.; Nieto, J.J. (2019). "Nonlocal time porous medium equation with fractional time derivative". Revista Matematica Complutense (en inglés). 
  • Area Carracedo, Iván; Djida, J.-D.; Nieto, J.J. (2019). "Nonlocal time-porous medium equation: Weak solutions and finite speed of propagation". Discrete and Continuous Dynamical Systems - Series B (en inglés). 
  • Area Carracedo, Iván; Djida, J.-D.; Mophou, G. (2019). "Optimal Control of Diffusion Equation with Fractional Time Derivative with Nonlocal and Nonsingular Mittag-Leffler Kernel". Journal of Optimization Theory and Applications (en inglés). 

Outras obras

Notas

  1. "Tesis doctorales: Teseo. Ficha de tesis". www.educacion.gob.es (en castelán). 18-10-1999. Consultado o 28-7-2019. 
  2. "Iván Carlos Area Carracedo - The Mathematics Genealogy Project". genealogy.math.ndsu.nodak.edu. Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2018. Consultado o 2019-07-28. 
  3. "Iván Area Carracedo". Universidade de Vigo (en castelán). Consultado o 30-11-2019. 
  4. "Departamento de Matemática Aplicada II". Universidade de Vigo. Arquivado dende o orixinal o 19-12-2019. Consultado o 30-11-2019. 
  5. "Scopus preview. Author details. Area, Iván". Scopus (en inglés). Consultado o 30-11-2019. 
  6. 6,0 6,1 "Iván Area Carracedo: O 71% dos universitarios titulados atopan traballo en menos de seis meses". La Región (Ourense). 22-3-2009. Consultado o 30-11-2019. 
  7. "Steering committee". CIMPA (en inglés). Consultado o 30-11-2019. 
  8. Gaiteiros da Ponte Vella (1994). Marcha do meu pobo. BNE (casete) (Barcelona: Bias Records). Arquivado dende o orixinal o 10-11-2019. Consultado o 30-11-2019. 
  9. "Grupo de Música Tradicional Bate Certo: Projecto Entropía". Jerónimo Pérez Paz. Aficiones y experiencias (en castelán). 6-5-2015. Consultado o 30-11-2019. 
  10. "Doce polainas enteiras (NOVO PREZO!)". Cumio. Arquivado dende o orixinal o 31-05-2020. Consultado o 30-11-2019. 
  11. "«Catálogo de músicos da Limia. Música tradicional»". Difusora de Artes, Letras e Ideas S.L. Consultado o 30-11-2019. 
  12. "Ouvirmos premio «O recuncho da Palleta» 2004". Ouvirmos. 22-11-2005. Arquivado dende o orixinal o 31-05-2020. Consultado o 30-11-2019. 
  13. "Ana Miranda encabezará la candidatura del BNG a las europeas". Diario de Pontevedra (en castelán). 25-4-2009. Consultado o 30-11-2019. 
  14. Del Caño, X.M. (15-5-2011). "El BNG aspira a reeditar el bipartito, con competencias en Cultura, Termalismo y Tráfico". Faro de Vigo (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08-08-2011. Consultado o 30-11-2019. 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!