Iris Murdoch
Iris Murdoch | Nome orixinal | (en) Jean Iris Murdoch |
---|
|
Nacemento | 15 de xullo de 1919 Dublín, Irlanda |
---|
Morte | 8 de febreiro de 1999 (79 anos) Oxford (Reino Unido)
|
---|
Causa da morte | Alzhéimer |
---|
Educación | Badminton School (en) Newnham College (en) Somerville College Ibstock Place School (en) |
---|
|
Ocupación | poetisa, biógrafa, profesora, prosista, filósofa, novelista, escritora |
---|
Período de actividade | 1953 - |
---|
Empregador | Universidade de Oxford St Anne's College (en) |
---|
Membro de | |
---|
|
Obras destacables | |
Cónxuxe | John Bayley |
---|
|
|
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Мёрдок Айрис) Medvik >>>:Murdoch, Iris, 1919-1999, Metzler Autorinnen Lexikon (en) , (p.378–379) >>>:Murdoch, (Jean) Iris |
---|
|
Dame Jean Iris Murdoch, nada en Dublín o 15 de xullo de 1919 e finada en Oxford o 8 de febreiro de 1999, foi unha escritora e filósofa irlandesa, coñecida polas súas novelas en que combina unha rica caracterización con animados argumentos, incluíndo, polo xeral, temas de índole moral ou sexual.[1][2]
A súa primeira novela publicada Under the Net foi seleccionada en 2001 pola editorial Modern Library como unha das 100 mellores novelas en lingua inglesa do século XX.[3] En 2005, a novela foi escollida pola revista Time como unha das cen mellores novelas en inglés dende 1923.[4]
En 1987, foi nomerada Dama Comandante da Orde do Imperio Británico (DBE).
Traxectoria
Murdoch naceu en Blessington Street 59 en Dublín. O seu pai, Wills John Hughes Murdoch, proviña dunha familia de granxeiros presbiterianos de Hillhall, (Condado de Down, preto de Belfast), e a súa nai, Irene Alice Richardson (1899–1985)[5] que se preparara como cantante dende nena, pertencía a unha familia anglicana de clase media de Dublín membro da Igrexa Anglicana de Irlanda.
Cando era moi nova, os pais de Murdoch mudáronse a Londres, onde o seu pai traballou como empregado do Ministerio de Saúde.[6] Murdoch foi educada en escolas progresistas: primeiro en Froeble Demonstration School e despois en Badminton School (Bristol) en 1932.
Comezou a estudar clásicos, historia antiga e filosofía no Somerville College,[7] de Oxford. Recibiu un grao con honra de primeira clase en 1942.[8] Tras deixar Oxford pasou a traballar a Londres para HM Treasury. En xuño de 1944 deixou a Treasury e pasou a traballar para UNRRA. Ao principio estivo en Londres na Oficina Rexional Europea da axencia, mais en 1945 foi enviada primeiro a Bruxelas, logo a Innsbruck, e finalmente a Graz, onde traballou nun campo de refuxiados. Deixou a UNRRA en 1946.[9]
Entre 1947 e 1948 estudou filosofía como posgraduada no Newnham College de Cambridge. Coñeceu a Wittgenstein en Cambridge, mais non o tivo como profesor, pois xa deixara o Trinity College antes de que ela chegase.[9] En 1948, converteuse en profesora do St Anne's College, de Oxford, onde deu clases de filosofía ata 1963.
En 1954 escribiu a súa primeira novela, Under the Net, mais xa publicara previamente ensaios sobre filosofía, incluído o primeiro estudo en inglés sobre Jean-Paul Sartre. Dous anos máis tarde coñeceu e casou con John Bayley (1925-2015), profesor de literatura inglesa e tamén escritor. O inhabitual matrimonio durou corenta e cinco anos, e Bayley coidouna ata os seus últimos días. Bailey pensaba que o sexo era "ineludibelmente ridículo". Murdoch, pola contra, tivo "múltiples relacións con homes e mulleres das que, en turbias ocasións, [Bailey] era testemuña el mesmo".[10][11]
Iris publicou vinte e cinco novelas máis e outros traballos sobre filosofía e drama ata 1995, ano en que comezou a padecer os efectos do alzhéimer, que ao principio atribuíu a «bloqueo de escritor». Faleceu en 1999, aos setenta e nove anos. Bayley volveu casar dous anos despois.[12]
Obras
- Novelas
- Relatos
- Filosofía
- Teatro
- Coleccións de poesía
Fonte : Centre for Iris Murdoch Studies, Faculty of Arts and Social Sciences Kingston University
Notas
- ↑ Artículo sobre Iris Murdoch en www.nytimes.com (en inglés)
- ↑ Jaume, A. (2019). "La más lista de Oxford". El País, sábado, 9 de marzo, suplemento Babelia, pp. 2-3. (Consultado o 9 de marzo de 2019)
- ↑ "100 Best Novels". www.modernlibrary.com. Consultado o 8 de marzo de 2019.
- ↑ Lacayo, Richard. "All-TIME 100 Novels". Time (en inglés). ISSN 0040-781X.
- ↑ Meyers, Jeffrey (2013). Remembering Iris Murdoch: Letters and Interviews. Nova York: Palgrave Macmillan. ISBN 9781137352415. Arquivado dende o orixinal o 7 de febreiro de 2018. Consultado o 1 de xuño de 2015.
- ↑ Wilson, A. N. (2003). Iris Murdoch as I knew her. Londres: Hutchinson. ISBN 9780091742461.
- ↑ Susan, Brown; Patricia, Clements; Isobel, Grundy. "Iris Murdoch". Orlando: Women's Writing in the British Isles from the Beginnings to the Present. Cambridge University Press. Consultado o 15 de outubro de 2018.
- ↑ Somerville College. "Iris Murdoch". Somerville Stories. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2012. Consultado o 27 de xuño de 2012.
- ↑ 9,0 9,1 Conradi, Peter J. (2001). Iris Murdoch : A Life. Nova York: Norton. ISBN 0393048756.
- ↑ Ann Wroe (31 de xaneiro de 2015). "Of literature and love". The Economist. Arquivado dende o orixinal o 7 de febreiro de 2015. Consultado o 15 de febreiro de 2015.
Sex did not feature much...
- ↑ Archer, Graeme (23 de xaneiro de 2015). "The secrets of Iris Murdoch and John Bayley's unconventional marriage". The Telegraph. Arquivado dende o orixinal o 3 de abril de 2015. Consultado o 3 de marzo de 2015.
- ↑ Adams, Tim (18 de marzo de 2001). "Interview: John Bayley". The Observer (en inglés). ISSN 0029-7712. Consultado o 8 de marzo de 2019.
- ↑ Murdoch, Iris (1989). The servants and the snow; The three arrows; The black prince : three plays. Londres: Chatto & Windus. p. 302. ISBN 9780701135904.
Véxase tamén
Bibliografía
- Antonaccio, Maria (2000) Picturing the human: the moral thought of Iris Murdoch OUP. ISBN 0-19-516660-4
- Bayley, John (1999) Elegy for Iris. Picador. ISBN 0-312-25382-6
- Bayley, John (1998) Iris: A Memoir of Iris Murdoch. Gerald Duckworth & Co. Ltd. ISBN 0-7156-2848-8
- Bayley, John (1999) Iris and Her Friends: A Memoir of Memory and Desire. W. W. Norton & Company ISBN 0-393-32079-0
- Bove, Cheryl (1993) Understanding Iris Murdoch. Columbia, University of South Carolina Press. ISBN 087249876X.
- Byatt. A.S. (1965) Degrees of Freedom: The Early Novels of Iris Murdoch. Chatto & Windus
- Conradi, P.J. (2001) Iris Murdoch: A Life. W. W. Norton & Company ISBN 0-393-04875-6
- Conradi, P.J. (foreword by John Bayley) The Saint and the Artist. Macmillan 1986, HarperCollins 2001 ISBN 0-00-712019-2
- de Melo Araújo, Sofia & Vieira, Fátima (ed.) (2011) Iris Murdoch, Philosopher Meets Novelist. Cambridge Scholars Publishing. ISBN 1-4438-2883-1
- Dooley, Gillian (ed.) (2003) From a Tiny Corner in the House of Fiction: Conversations With Iris Murdoch. Columbia, University of South Carolina Press ISBN 1-57003-499-0
- Laverty, Megan (2007) Iris Murdoch's Ethics: A Consideration of Her Romantic Vision. Continuum Press ISBN 0-8264-8535-9
- Martens, Paul. (2012) "Iris Murdoch: Kierkegaard as Existentialist, Romantic, Hegelian, and Problematically Religious" in Kierkegaard's Influence on Philosophy. Ashgate Publishing. ISBN 978-140-944055-0.
- Mauri, Margarita (ed.) (2014). Ética y literatura. Cinco novelas de Iris Murdoch. Kit-book. ISBN 978-84-942067-2-6.
- Monteleone, Ester (2012) Il Bene, l'individuo, la virtù. La filosofia morale di Iris Murdoch. Rome, Armando Editore. ISBN 978-88-6677-087-9
- Morgan, David (2010) With Love and Rage: A Friendship with Iris Murdoch. Kingston University Press. ISBN 9781899999422
- Widdows, Heather (2005) The Moral Vision of Iris Murdoch. Ashgate Press ISBN 0-7546-3625-9
- Wilson, A.N. (2003) Iris Murdoch as I Knew Her. Londres, Hutchinson. ISBN 9780091742461
- Zuba, Sonja (2009) Iris Murdoch's Contemporary Retrieval of Plato: The Influence of an Ancient Philosopher on a Modern Novelist. Nova York, Edwin Mellen Press. ISBN 9780773438248
Ligazóns externas
|
|