Inquisición española

Inquisición española
Tipoinstitución, sistema xurídico, movemento relixioso e tribunal eclesiástico
Data de fundación1478
Data de disolución1834
PaísImperio Español
Na rede
BNE: XX258834
editar datos en Wikidata ]
San Domingos presidindo un auto de fe (1475), por Pedro Berruguete.

A Inquisición española ou tamén coñecida como Tribunal do Santo Oficio da Inquisición actuou baixo o control dos reis de España de 1478 ata 1834. Esta Inquisición foi o resultado da expansión dos cristiáns fronte aos musulmáns, e a política de conversión de xudeus e musulmáns da península ao catolicismo. A Inquisición foi un importante instrumento na política chamada limpeza de sangue contra os descendentes de xudeus e musulmáns convertidos.

A Inquisición, como tribunal eclesiástico, só tiña competencia xurídica sobre cristiáns bautizados. Porén, a súa xurisdición non se estendía aos indíxenas americanos, estivesen ou non bautizados, polos seus actos heréticos, posto que se consideraba que padecían erros derivados da ignorancia, e que o Santo Oficio non era o medio axeitado nin o organismo competente para arranxalos. As reducións e misións foron o mecanismo adoptado para este fin.

Orixes

Precedentes

A institución inquisitorial non foi unha creación española. Foi creada por medio da bula papal Ad abolendam, emitida a finais do século XII polo papa Lucio III como instrumento para combater a herexía albixense no sur de Francia. Existiron tribunais da Inquisición pontificia en varios reinos cristiáns europeos durante a Idade Media. Na Coroa de Aragón operou un tribunal da Inquisición pontificia establecido por ditame dos estatutos Excommunicamus do papa Gregorio IX en 1232 durante a época da herexía albixense; o seu principal representante foi Raimundo de Peñafort. Co tempo, a súa importancia foise diluíndo, e a mediados do século XV era unha institución case esquecida, aínda que legalmente vixente.

En Castela nunca houbo tribunal de Inquisición pontificia. Os encargados de vixiar e castigar os delitos de fe eran os diferentes bispados, por medio da Inquisición episcopal. Non obstante, durante a Idade Media en Castela prestouselle atención ás herexías.

Contexto

Placa en lembranza dos veciños da vila de Ribadavia condenados pola inquisición por mor das súas crenzas hai máis de catrocentos anos.

Gran parte da Península Ibérica fora dominada polos árabes, e as relixións do sur, particularmente os territorios do antigo Reino de Granada, tiñan unha grande poboación musulmá. Até 1492, Granada permaneceu baixo dominio árabe. As grandes cidades, en especial Sevilla e Valladolid, en Castela, e Barcelona na Coroa de Aragón, tiñan grandes poboacións de xudeus, que habitaban nas chamadas "xuderías".

Durante a Idade Media, produciuse unha cohesión relativamente pacífica -aínda que non exenta de incidentes- entre cristiáns, xudeus e musulmáns, nos reinos peninsulares. Había unha longa tradición de servizo á Coroa de Aragón por parte dos xudeus. O pai de Fernando, Xoán II de Aragón, nomeou a Abiathar Crescas, un xudeu, astrónomo da Corte. Os xudeus ocupaban moitos postos importantes, tanto relixiosos como políticos. Castela incluso tiña un rabino inoficial, un xudeu practicante.

Non obstante, a fins do século XIV houbo nalgúns lugares de España unha onda de antisemitismo, alentado pola predicación de Ferrant Martínez, arquidiácono de Écija. Foron especialmente cruentos os pogroms de xuño de 1391: en Sevilla asasináronse centos de xudeus, e destruíuse completamente a alxama[1], e noutras cidades, como Córdoba, Valencia ou Barcelona as vítimas foron igualmente moi elevadas[2].

Unha das consecuencias destes disturbios foi a conversión masiva de xudeus. Antes desta data, os conversos eran escasos e apenas tiñan relevancia social. Dende o século XV pode falarse de xudeus conversos, tamén chamados "novos cristiáns", coma un novo grupo social, visto con receo tanto por xudeus coma por cristiáns. Converténdose, os xudeus non só fuxían das persecucións, senón que lograban acceder a numerosos oficios e postos que lles estaban sendo prohibidos por novas normas, que aplicaban severas restricións contra eles. Foron moitos os conversos que acadaron unha importante posición na España do XV. Conversos eran, entre outros, os médicos Andrés Laguna e Francisco López Villalobos, médico da corte de Fernando o Católico; os escritores Juan del Enzina, Juan de Mena, Diego de Valera e Alfonso Palencia e os banqueiros Luis de Santángel e Gabriel Sánchez, que financiaron a viaxe de Cristovo Colón. Os conversos -non sen oposición- chegaron a escalar postos relevantes na xerarquía eclesiástica, converténdose ás veces en severos detractores do xudaísmo[3]. Incluso algúns foron ennobrecidos, e no século XVI varios opúsculos pretendían demostrar que case tódolos nobres de España tiñan ascendencia xudía[4]. A revolta de Pedro Sarmiento (Toledo, 1449) tivo como principal elemento mobilizador o receo dos cristiáns vellos cara aos cristiáns novos, substanciado nos estatutos de limpeza de sangue que se estenderon por multitude de institucións, prohibíndolles o seu acceso.

Causas

Non hai unanimidade acerca dos motivos polos que os Reis Católicos decidiron introducir no seu reinado a máquina inquisitorial. Os investigadores consideran varias razóns:

  • O establecemento da unidade relixiosa. Posto que o obxectivo dos Reis Católicos era a creación dunha maquinaria estatal eficiente, unha das súas prioridades era lograr a unidade relixiosa. Ademais, a Inquisición permitíalle á monarquía intervir activamente en asuntos relixiosos, sen a intermediación do Papa.
  • Debilitar a oposición política local aos Reis Católicos. Certamente, moitos dos que na Coroa de Aragón se opuxeron á implantación da Inquisición fixérono invocando foros propios.
  • Acabar coa poderosa minoría xudía conversa. No reino de Aragón foron procesados membros de familias influentes, como Santa Fe, Santángel, Caballería e Sánchez. Isto contradise, porén, co feito de que o propio Fernando continuase contando na súa administración con numerosos conversos
  • Financiamento económico. Posto que unha das medidas que se tomaba cos procesados era a confiscación dos seus bens, non pode descartarse esa posibilidade.

A Inquisición e a expulsión dos xudeus

Fernando e Isabel indicaron a Tomás de Torquemada en 1481 para investigar e punir os conversos —xudeus e mouros que dicían térense convertido ao catolicismo, pero que continuasen a practicar as súas antigas relixións en segredo-. Algúns xudeus disfrazados tornáranse padres e mesmo bispos. Entre os anos 1486 e 1492, 25 autos de fe ocorreron en Toledo. Un total de 464 autos de fe contra xudeus ocorreron entre 1481 e 1826. No total, máis de 13 mil conversos foron xulgados entre 1480 e 1492. A Inquisición contra os conversos culminou coa expulsión dos xudeus das coroas de Castela e Aragón en 1492.

Modo de actuación

A inquisición, como unha corte relixiosa, era operada por autoridades da Igrexa. Pero se unha persoa fose considerada herexe, a punición era entregada ás autoridades seculares, pois "a igrexa non derramaba sangue". A tortura frecuentemente era usada como modo de penitencia. As punicións variaban da vergoña pública (obrigar o uso do sambenito, unha roupa de penitente) ata ser queimado en praza pública. A morte polo garrote era usada para os arrepentidos. Esas punicións facíanse en cerimonias públicas, chamadas autos de fe. Algunhas persoas acusaban outras por vinganza, ou para obter recompensas da Coroa. A propia Coroa Española beneficiábase, ao desapropiar os bens dos conversos.

A Inquisición tamén foi usada contra os primeiros focos do protestantismo, contra a diseminación das ideas de Erasmo de Rotterdam, contra o Iluminismo e, no século XVIII, contra o Enciclopedismo. A pesar das accións das outras inquisicións europeas contra a bruxaría, as bruxas non eran o principal foco da inquisición española. As acusadas de bruxaría eran normalmente cualificadas como loucas. Durante o goberno de Xosé I aboliuse a Inquisición, pero foi reinstalada cando Fernando VII de España subiu ao trono. O profesor Cayetano Ripoli, garroteado en Valencia en 26 de xullo de 1826, foi a última persoa morta pola inquisición española. En 15 de xullo de 1834 foi finalmente abolida.

A Inquisición tamén foi instalada nos vicerreinados americanos, pero foi abolida logo da secesión.

A Inquisición española en Galiza

Para Emilio González López,[5] os profundos efectos ideolóxicos, culturais, sociais e institucionais da contrarreforma tridentina apenas alcanzaron Galiza. O Santo Oficio da Inquisición, órgano coercitivo encargado do perseguimento de toda disidencia relixiosa, non despregou no país a intensa actividade represiva que seguiu noutros territorios da Monarquía Hispánica. A razón principal do atraso na implantación dun tribunal da Inquisición española en Galiza foi precisamente a necesidade de mobilizar recursos económicos e humanos para rematar cos grandes focos intelectuais e relixiosos de protestantismo e continuar a brutal represión dos colectivos conversos en Castela, Andalucía, Valencia ou Aragón. De feito, Galiza converteuse nun refuxio de numerosos conversos, protestantes e xudeus fuxindo do celo inquisitorial e na procura das súas fronteiras marítimas ou terrestres con Portugal na espera de abandonar o país ou mesmo ficar nel.

Sambenitos do Museo Diocesano de Tui (Pontevedra)

O Tribunal da Inquisición de Santiago de Compostela tivo unha primeira fase de existencia entre 1520 e 1530 e dependía directamente do Tribunal de Valladolid, mais foi logo que se disolveu. En 1560 o entón inquisidor de Valladolid, Quijano del Mercado, visita Compostela coa intención de reinstalar un tribunal mais desistiu trala fría acollida por parte das institucións civís e do cabido da catedral de Compostela. Intentouno aínda noutras dúas ocasións, en 1564 e 1566, sen encontrar nunca un ambiente institucional favorábel. Estes fracasos pódense explicar de distintas maneiras. Para Isidoro Millán Mariño [6], o propósito esencial de estabelecer un tribunal da Inquisición en Compostela non era, na realidade, o perseguimento dos protestantes e conversos casteláns ou dos evanxelizadores protestantes do norte da Europa que chegaban aos portos galegos, senón a necesidade de criar na nosa terra un Tribunal de Estado que servise para terminar a campaña de sometemento social e político dos galegos á autoridade real. Con efecto, os inquisidores encontraron grandes dificultades para identificar na cidade un predio acaído para as diferentes actividades de tribunal, arquivo, residencia dos funcionarios e de prisión e cámaras de tortura debido, en parte tamén, pola escasa vontade dos propietarios para chegaren a un acordo coa institución[7]. Mais como sucedeu noutras cidades, finalmente atoparon acomodo no pazo dun nobre absentista: Alonso de Zúñiga e Acevedo Fonseca, conde de Monterrei. Pola súa parte, o historiador López Ferreiro[8] subliña a grande oposición, especialmente en círculos eclesiásticos composteláns, ao estabelecemento do tribunal mesmo nunha época marcada polo fanatismo de dous dos mais temíbeis inquisidores xenerais: o asturiano Fernando Valdés (1547-1568) e o castelán Diego de Espinosa (1568-1572). Porén, a chegada definitiva do Tribunal foi en 1574 cando o castelán Francisco Blanco tomou posesión da cadeira da igrexa metropolitana galega, facilitando tamén a entrada do xesuitismo no país. Este tribunal, independente de Valladolid, exerceu a súa xurisdición sobre o territorio do extinguido Reino de Galiza e, para facilitar o seu funcionamento en todo o territorio galego, concedéuselle a renda dun cóengo a cada unhas das cinco catedrais galegas, ademais doutros abondosos insumos.

Cómpre indicar que o Tribunal non se establaceu na Coruña, sede da Real Audiencia de Galicia, por mor da resistencia que a burguesía mercantil dos portos galegos mostrou ante calquera tipo de perturbación no tráfico e nas comunicacións marítimas que prexudicase os seus intereses comerciais. Por unha banda, as actividades inquisitoriais, para impediren a entrada e propagación da reforma protestante polos portos do país, incluían a inspección das tripulacións e da carga dos barcos con procedencia en países protestantes ou católicos con portos protestantes, como era o caso da Rochelle en Francia. Por outra banda, segundo parece, os inquisidores cobraban por “dereitos de visita" ou obrigaban aos comerciantes a venderlles o xénero a prezos escandalosamente reducidos, interferindo despois negativamente nos mercados da cidade. Mesmo, levados polo seu fanatismo e desprezo polas actividades comerciais, os inquisidores chegaron a propor ao rei fechar os portos galegos ao comercio cos países do norte da Europa como a mellor solución para evitar a propagación da reforma de Martiño Lutero. Por todo iso, tanto o capitán xeneral como a Real Audiencia de Galicia impediron no posíbel o seu estabelecemento na Coruña chegando, en 1589, o Concello da cidade herculina a protestar contra os inquisidores que visitaban a cidade co propósito de investigar varias naves estranxeiras.

Segundo Emilio González López[9], a falta dun ambiente propicio para o seu funcionamento e o escaso celo inquisitorial nas estruturas eclesiásticas e civís revélase no feito que despois do seu definitivo estabelecemento e total autonomía respecto ao Tribunal de Valladolid, aínda non comezou a súa actividade represiva até 1575, ano no que se celebraron dous autos da fe en Santiago. Tal como relata Vicente Risco[10], nestes autos foron torturadas e executadas publicamente un total de 23 persoas, entre as que contaban varios mariñeiros franceses luteranos e tres mulleres galegas acusadas de prácticas que os inquisidores identificaban e caracterizaban como bruxería.

Nos anos seguintes, o Tribunal azoutou e desterrou varias persoas acusadas de prácticas xudaizantes e, no 30 de novembro de 1579, sentenciou queimar unha muller, María Rodrigues, no que hoxe é a praza de Cervantes baixo, mais unha vez, a acusación fabricada de bruxería. Tamén entre 1619 e 1628 numerosas mulleres do Morrazo foron torturadas e xulgadas polo Tribunal baixo este tipo de cargos. Os chamados "familiares da Inquisición", integrados por membros empobrecidos da baixa nobreza, arrebataban con estes perseguimentos os codizados dereitos de presentación que estas mulleres tiñan nas capelas e freguesías. Para disimular o seu propósito real, mesturaban algunhas que os posuían con outras que non os tiñan, escollidas entre mulleres desamparadas ou viúvas. Este foi o caso de María Soliño, figura lendaria que terminou inmortalizada en varias cantigas populares [11]. Posuidora de dereitos de presentación na Colexiata de Cangas e na Igrexa de San Cibrán de Aldán, María Soliño entrou nos alxubes da Inquisición en 1621 e sufriu terríbeis torturas. O 23 de xaneiro de 1622, após a súa confesión, foi condenada cunha confiscación de bens, debendo levar un sambenito durante medio ano e ficando na máis absoluta penuria con 70 anos. Moitas outras mulleres foron tamén xulgadas naquela altura, como foi o caso de Catalina da Iglesia, Elvira Martínez, Teresa Pérez ou María dos Santos.

A inquisición española en Galiza seguiu a operar até a súa primeira abolición durante o reinado de Xosé I entre 1808 e 1812 e posteriormente polas Cortes de Cádiz, só para ser restaurada de novo por Fernando VII en 1814, sendo definitivamente abolida en 1834 durante o segundo Trienio Liberal. Porén, a institución sobreviviu substituída nalgunhas dioceses polas coñecidas Xuntas da Fe ou Xuntas Diocesanas e que non foron legalmente abolidas até o primeiro de xullo de 1835. Unha das últimas vítimas galegas da inquisición foi o enxeñeiro de minas e xeólogo Casiano de Prado y Vallo, nado en Santiago de Compostela o 13 de agosto de 1797. En 1817, foi detido polo tribunal compostelán seguindo as ordes de Juan José Caamaño Pardo, conde de Maceda, alguacil maior da Inquisición e fanático absolutista [12]. De Prado foi acusado de facer "proposicións", é dicir, de formular ideas contrarias á relixión católica e de ler libros pertencentes ao Index Librorum Prohibitorum et Derogatorum. Pasou 400 días incomunicado nas celas inquisitoriais, experiencia que relatou nun artigo anónimo titulado "Visita dun alxube da inquisición de Santiago por un que o tiña habitado pouco tempo antes" [13] publicado xa durante o Trienio Liberal despois de ter visitado de novo a cela número 5 onde ficou preso:

"Aquí estiven á mercé dos máis afanados e crueis axentes da tiranía e do erro; aquí vinme reducido á máis triste soidade, separado da miña familia, dos meus amigos, privado dos meus libros e de todo o que puidese facer a miña situación máis levadeira. (…) Como sabían estes malvados aumentar as penas dos desgraciados que aquí tiñan! Non lles chegaba con terme sen comunicación, (…) negáronseme tamén os meus libros; e se pedía algunha graza, chamábanme de criminal. Bárbaros! Se callar pensabades que sen estes depósitos de verdade chegaría eu a desdeñala, a mirala con neglixencia, a esquecela. Non! Que o meu peito ardía coma sempre no seu amor; algunhas das súas máximas estaban xa fixadas na miña alma para nunca xamais borrarse e o meu maior prazer era lembralas (…). E cantas veces tamén recitaba eu en alta voz as odas á invención da imprenta e a Juan de Padilla, e outras composicións filosóficas e patrióticas (…)".

A Inquisición ocupou diferentes predios na cidade de Compostela: o Pazo de Monterrei, preto da praza de San Miguel dos Agros, e a Casa Grande de Calo, fronte a Porta da Mámoa, no que hoxe é coñecida como Praza de Galicia e antiga Praza da Inquisición [14]. Este último edificio foi derrubado en 1913 para construír o actual Hotel Compostela, inaugurado finalmente o 23 de agosto de 1930.

Notas

  1. Kamen (1999) p. 17
  2. Kamen ofrece cifras aproximadas para as vítimas de Valencia (250) e Barcelona (400). Non ofrece datos concretos sobre Córdoba (Kamen, op. cit., p. 17)
  3. Foron notables casos coma os do bispo Pablo de Santa María, autor de Scrutinium Scripturarum, de Jerónimo de Santa Fe (Hebraeomastix) e de Pedro de la Caballería (Zelus Christi contra Judaeos). Os tres eran conversos. (Kamen, op. cit., p. 39).
  4. Destacan dous libelos do XVI: o Libro verde de Aragón e o Tizón de la nobleza de España (citados en Kamen, op. cit. p. 38).
  5. González López (1970), pp. 29-35
  6. Millán Mariño (1938), p. 304-305
  7. Contreras, Jaime (1982) [1982]. El Santo Oficio de la Inquisición de Galicia, 1560-1700. Poder, sociedad y cultura. (en español). Akal. 
  8. Millán Mariño (1938), p. 304
  9. González López (1970), pp. 29-35
  10. Risco (1952), p. 148
  11. Amancio Prada (18 de setembro de 2016). María Soliña, poema de Celso Emilio interpretado por Amancio Prada. Disques Alvarés. 
  12. Redacción (24 de abril de 2013). "Juan José Caamaño Pardo.Conde de Maceda y Grande de España. «Regidor perpetuo» de Ferrol". galiciaartabradigital.com (en castelán). Consultado o 8 de abril de 2022. 
  13. de Prado y Vallo, Casiano (30 de Setembro de 1820). "Visita de un calabozo de la inquisición de Santiago por uno que lo habia habitado poco antes". El Conservador, nº 188 (Madrid). 
  14. Pita Galán, Paula. (2012). Las nuevas casas de la Inquisición en Santiago de Compostela: del palacio de Monterrey a la sede de Porta da Mámoa. Cuadernos de Estudios Gallegos. 59. 157-191

Véxase tamén

Bibliografía

  • Contreras, Jaime (1982). El Santo Oficio de la Inquisición de Galicia, 1560-1700. Poder, sociedad y cultura. Madrid: Akal.

Read other articles:

Діаграма імен Бога (Атанасій Кірхер, «Oedipus Aegyptiacus», Рим, 1652—1654). Біблійні імена Бога — у Святому Письмі Бог найменований кількома назвами, що виражають Його істоту, діяльність, властивості й атрибути. Головні з них такі: Ягве (дав-євр. יהוה — «Я стану»; «(Він) буде», «(Ві...

 

Liechtenstein-related events during 2022 ← 2021 2020 2019 2022 in Liechtenstein → 2023 2024 2025 Decades: 2000s 2010s 2020s See also: History of Liechtenstein List of years in Liechtenstein Events in the year 2022 in Liechtenstein. Incumbents Prince: Hans-Adam II Regent: Alois Prime Minister: Daniel Risch Events Ongoing – COVID-19 pandemic in Liechtenstein 4 April – Russia restricts diplomats, journalists, and politicians from the European Union, Iceland, Norway, Switz...

 

يفتقر محتوى هذه المقالة إلى الاستشهاد بمصادر. فضلاً، ساهم في تطوير هذه المقالة من خلال إضافة مصادر موثوق بها. أي معلومات غير موثقة يمكن التشكيك بها وإزالتها. (ديسمبر 2018) 1987 في تونسمعلومات عامةالسنة 1987 البلد تونس 1986 في تونس 1988 في تونس تعديل - تعديل مصدري - تعديل ويكي بيانات سنوا

Season of television series Fairy TailSeason 6Cover of the forty-fourth and last DVD volume of the first series of Fairy Tail released by Pony Canyon in Japan on September 4, 2013, featuring Lucy Heartfilia and Natsu Dragneel.Country of originJapanNo. of episodes25ReleaseOriginal networkTV TokyoOriginal releaseOctober 6, 2012 (2012-10-06) –March 30, 2013 (2013-03-30)Season chronology← PreviousSeason 5Next →Season 7List of episodes The sixth season of the Fairy T...

 

Der Titel dieses Artikels ist mehrdeutig. Weitere Bedeutungen sind unter Friedrich Rückert (Begriffsklärung) aufgeführt. Friedrich Rückert, Stahlstich von seinem „lieben Freund und Kupferstecher“ Carl Barth nach einer Vorzeichnung aus dem Jahr 1843 Geburtshaus Friedrich Rückerts in Schweinfurt Friedrich Johann Michael Rückert (* 16. Mai 1788 in Schweinfurt; † 31. Januar 1866 in Neuses; Pseudonym Freimund Raimar, Reimar oder Reimer) war ein deutscher Dichter, Sprachgelehrter und Ü...

 

For the village in Essex with the same name, see Abberton, Essex. Human settlement in EnglandAbbertonAbberton ChurchAbbertonLocation within WorcestershirePopulation67 [1]OS grid referenceSO993534• London93 miles (150 km)DistrictWychavonShire countyWorcestershireRegionWest MidlandsCountryEnglandSovereign stateUnited KingdomPost townPERSHOREPostcode districtWR10Dialling code01386PoliceWest MerciaFireHereford and WorcesterAmbulanceWest Midla...

ألعاب أفرو-آسيوية 2003 البلد الهند  المدينة المضيفة حيدر آباد  التاريخ 2003  المكان حيدر آباد  تعديل مصدري - تعديل   أقيمت الدورة الأولى للألعاب الأفرو آسيوية في الهند خلال الفترة من 22 أكتوبر إلى 1 نوفمبر في 2003. الدول المشاركة A view of the Participants' flag-bearers الدورة الأولى من ا...

 

Biochemist Thuc-Quyen Nguyen is director and Professor at the Center for Polymers and Organic Solids (CPOS),[1] and a professor of the Chemistry & Biochemistry department at the University of California Santa Barbara.[2] Her research focuses on organic electronic devices, using optical, electrical, and structural techniques to understand materials and devices such as photovoltaics, LEDs, and field-effect transistors. Professor Nguyen during a visit to the Maxwell Centre at...

 

Tjerita Si Tjonat Sampul, edisi pertamaPengarangF.D.J. PangemanannNegaraHindia BelandaBahasaMelayu RendahGenreBanditPenerbitTjoe Toei YangHalaman126OCLC35197577 Tjerita Si Tjonat, Sato Kepala Penjamoen di Djaman Dahoeloe Kala[a] (juga dikenal sebagai Tjerita Si Tjonat; EYD Cerita Si Conat) adalah novel tahun 1900 yang ditulis oleh jurnalis F.D.J. Pangemanann. Salah satu cerita bandit dari Hindia Belanda kontemporer ini mengisahkan kebangkitan dan kejatuhan Tjonat, sejak pembunuhan per...

Butch (MGM) beralih ke halaman ini. Untuk karakter anjing MGM, lihat Spike (MGM). Untuk Butch and Cassidy, lihat Butch (MGM) (disambiguasi). ButchTokoh Tom & JerryButch saat memainkan piano di episode Saturday Evening Puss.PenampilanperdanaBaby PussPenampilanterakhirThe KarateGuardPenciptaWilliam HannaJoseph BarberaInformasiSpesiesKucingJenis kelaminPria Butch, karakter Tom and Jerry, adalah seekor kucing hitam yang tinggal di gang-gang gelap. Sama seperti Tom, ia juga merupakan penangkap...

 

Mylohyoid nerve الاسم العلميnervus mylohyoideus جزء الفك السفليّ من العصب الثلاثي التوائم. (التسمية للعصب الفكيّ اللاميّ في المركز السفلي).) جزء الفك السفليّ من العصب الثلاثي الوجهيّ. يُرى من الخط الأوسط. الصورة الصغيرة هي صورة تكبيريّة للعقدة الأذنيّة. (التسمية للفك اللامي في الأسفل اليسا...

 

В Википедии есть статьи о других людях с такой фамилией, см. Ерохин; Ерохин, Александр. Александр Ерохин Общая информация Полное имя Александр Юрьевич Ерохин Родился 13 октября 1989(1989-10-13)[1] (34 года)Барнаул, РСФСР, СССР Гражданство  Россия Рост 195[2] см Позиция полуза...

Bangladeshi academic This article is written like a personal reflection, personal essay, or argumentative essay that states a Wikipedia editor's personal feelings or presents an original argument about a topic. Please help improve it by rewriting it in an encyclopedic style. (September 2017) (Learn how and when to remove this template message) M. Feroze AhmedAhmed in 2015Vice-Chancellor of Stamford University BangladeshIn office2012 – 7 August 2017Succeeded byAli Naqi Personal deta...

 

1987 American filmBlood FrenzyDirected byHal FreemanScreenplay byTed NewsomStory byRay Dennis StecklerStarringLisa LoringDistributed byHollywood Family VideoRelease date1987CountryUnited StatesLanguageEnglishBudget$100,000[1] Blood Frenzy is a 1987 American slasher film directed by Hal Freeman and starring Lisa Loring. Premise A psychiatrist takes a group of her patients out into the desert for a therapy session. They are stalked by a killer. Cast Wendy MacDonald as Dr. Barbara Shelle...

 

1987 video game 1988 video gameChase H.Q.US Arcade flyerDeveloper(s)TaitoPublisher(s)TaitoDesigner(s)Hiroguki SakouProgrammer(s)Takeshi Ishizashi Takeshi Murata Kyoji Shimamoto[18]Composer(s)Takami AsanoSeriesChasePlatform(s) Arcade Arcade, Amiga, Amstrad CPC, Atari ST, Commodore 64, FM Towns, Game Boy, Game Boy Color, Game Gear, MSX, Master System, Saturn, Genesis, X68000, Super NES, Famicom, TurboGrafx-16, ZX Spectrum Release June 20, 1988 Arcade JP: June 20, 1988[2]EU: Octo...

Public library in Shanghai, China Shanghai LibraryLocationShanghai, ChinaEstablished1847 for Bibliotheca Zi-Ka-Wei, July 1952 for Shanghai LibraryBranchesn/aAccess and useCirculationn/aPopulation servedmembers of the publicOther informationBudgetn/aDirectorChen ChaoEmployeesn/aWebsiteold.library.sh.cn/web/index.html Shanghai LibraryTraditional Chinese上海圖書館Simplified Chinese上海图书馆TranscriptionsStandard MandarinHanyu PinyinShànghǎi TúshūguǎnShanghai Institute of Sci...

 

Super Deck!Card back of the Super Deck! CCGPublishersCard SharksPlayers2Playing timeApprox 20 minChanceSomeAge range8+SkillsCard playingArithmeticBasic Reading Ability Super Deck! is an out-of-print super hero collectible card game designed by Marc Miller and produced by Card Sharks in 1994.[1] Publication history It was the fourth CCG ever made, preceded by Magic: the Gathering, Spellfire, and Jyhad.[2] Gameplay involved two players, each playing on one side of hero vs. villa...

 

10th lower house of the Parliament of India 10th Lok Sabha ←9th Lok Sabha 11th Lok Sabha→Old Parliament House, Sansad Marg, New Delhi, IndiaOverviewLegislative bodyIndian ParliamentElection1991 Indian general election The 10th Lok Sabha, (20 June 1991 – 10 May 1996) elected during 1991 Indian general election held during May–June 1991. The Lok Sabha (House of the People) is the lower house in the Parliament of India, four sitting members from Rajya Sabha, the Upper House of In...

Ships of the United States NavyShips in current service Current ships Ships grouped alphabetically A–B C D–F G–H I–K L M N–O P Q–R S T–V W–Z Ships grouped by type Aircraft carriers Airships Amphibious warfare ships Auxiliaries Battlecruisers Battleships Cruisers Destroyers Destroyer escorts Destroyer leaders Escort carriers Frigates Hospital ships Littoral combat ships Mine warfare vessels Monitors Oilers Patrol vessels Registered civilian vessels Sailing frigates Steam frigat...

 

Facility that purchases, stores and sells human semen This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Sperm bank – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (October 2022) (Learn how and when to remove this template message) Electron microscopy image depicting sperm and egg in the process of fertilization ...

 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!