Inon Zur (en hebreo: ינון צור), nado o 4 de xullo de 1965, é un compositor israelí-estadounidense. Orixinalmente compoñía para filmes e producións de televisión, e máis tarde comezou a compoñer para videoxogos. Foi descrito por ser "internacionalmente recoñecido como un dos compositores orquestrais A-list da industria dos videoxogos". Zur compuxo a música de máis de 50 videoxogos, 15 producións de televisión e 10 filmes, así como tráileres de filmes. Foi nomeado a numerosos premios, gañando tres galardóns, un premio Telly en 1997 á mellor banda sonora en Power Rangers: Turbo, un premio Game Audio Network Guild en 2004 á mellor composición instrumental orixinal por Men of Valor, e un premio Hollywood Music in Media en 2009 á mellor canción orixinal nun videoxogo por Dragon Age: Origins.
É coñecido por ser o autor de temas musicais para as sagas de videoxogos Prince of Persia, Dragon Age: Origins ou Fallout,[1] ademais de ser autor da música do videoxogo de rol galego The Waylanders.[2]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas