O Imperio Austrohúngaro[1][2], Austro-húngaro[3] ou Austria-Hungría[4] (Österreichisch-Ungarische Monarchie en alemán, Osztrák–Magyar Monarchia en húngaro) foi un estado histórico europeo nado en 1867, tralo Compromiso austrohúngaro que reconoñecía o Reino de Hungría como unha entidade autónoma dentro do Imperio Austríaco, a partir dese intre, austrohúngaro. En 1914 tiña unha extensión de 676.615 km² e contaba con 52 799 000 habitantes.
En 1892 entrou en circulación a coroa de ouro. En 1907 entra en vigor o sufraxio masculino para todo home maior de 24 anos, e nese ano tiveron lugar as primeiras eleccións en Austria e renovouse o compromiso entre Austria e Hungría. En 1908 levouse a cabo a anexión de Bosnia e Hercegovina. En 1912Serbia e Bulgaria formaron unha alianza contra o Imperio Austrohúngaro.
O 21 de novembro de 1916, en plena guerra, finou o emperador Francisco Xosé I, após 68 anos de reinado. O novo emperador, Carlos I, procurou en 1917 conseguir a paz por separado con Francia, sen resultado.