A Illa do Rei (ou do Rei Francisco) é unha das tres illas que forman o pequeno arquipélago das illas Chafarinas, situado ao norte do continente africano e que constitúen unha das prazas de soberanía españolas.
Actualmente a illa está protexida como zona natural. A súa extensión é dunhas 11,6 hectáreas, sendo a máis pequenas das tres do grupo insular, e atópase deshabitada. Posúe un pequeno cemiterio civil.