Ignacio Martínez de Pisón

Modelo:BiografíaIgnacio Martínez de Pisón

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ignacio Martínez de Pisón Cavero Editar o valor en Wikidata
27 de decembro de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Zaragoza, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Zaragoza - Licenciatura
Universidade de Barcelona - Licenciatura Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista, escritor, xornalista, novelista Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMaría José Belló[1] Editar o valor en Wikidata
IrmánsJosé María Martínez de Pisón Cavero Editar o valor en Wikidata
ParentesFrancisco Cavero, tataravó Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0554838 Allocine: 95689 Allmovie: p234827 BNE: XX1720748 Dialnet: 121634 Editar o valor en Wikidata

Ignacio Martínez de Pisón Cavero, nado en Zaragoza, Aragón en 1960, é un escritor e guionista español. Foi galardoado co Premio Nacional de Narrativa de 2015 pola súa novela La buena reputación.

Biografía

Ignacio Martínez de Pisón naceu en 1960 en Zaragoza, aínda que pasou os seus primeiros anos en Logroño, onde o seu pai, que era militar, estaba destinado. É descendente por liña materna de Francisco Cavero e Álvarez de Toledo, militar e aristócrata carlista que participou en Aragón na Terceira Guerra Carlista.[2] É irmán de José María Martínez de Pisón, profesor de Filosofía do Dereito na Universidade da Rioxa.

Cando tiña 9 anos faleceu o seu pai, tras o cal a familia regresou a vivir a Zaragoza, onde Ignacio estudou cos xesuítas. Licenciouse en Filoloxía Hispánica na Universidade de Zaragoza, e en 1982, ao terminar esta carreira, cursou Filoloxía Italiana en Barcelona, cidade na que reside desde entón.

Tras a súa primeira novela, La ternura del dragón, escrita en 1984 e que obtivo o premio Casino de Mieres, dedicouse de cheo á literatura. Especialmente inclinado pola novela e a narración curta, escribiu tamén o guión cinematográfico da adaptación ao cine do seu libro Carreteras secundarias que dirixiu en 1997 Emilio Martínez Lázaro e pola que foi candidato ao Goya ao mellor guión adaptado. En 2003 o realizador francés Manuel Poirier volveu levar esta novela á pantalla grande baixo o título de Caminos cruzados (Chemins de traverse). Escribiu tamén xunto a Emilio Martínez Lázaro o guión de Las trece rosas, pola que foi candidato a mellor guión orixinal dos premios Goya e é igualmente coautor xunto a Fernando Trueba do guión de Chico & Rita, a película de animación dirixida por Fernando Trueba, Javier Mariscal e Ton Errando.

As súas novelas foron traducidas a unha ducia de idiomas. Fixo adaptacións para o teatro (El filo de unos ojos). Escribiu artigos de prensa en diversos xornais e crítica literaria nos suplementos literarios de, entre outros diarios, ABC e El País. Desde principios de 2015 colabora regularmente en La Vanguardia.

Está casado e ten dous fillos con María José Belló, filla do xogador e adestrador do Real Zaragoza Luís Belló. É fillo predilecto de Zaragoza e o 17 de abril de 2015 foi galardoado como "Alumno Distinguido" da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Zaragoza, a súa alma mater.[3][4]

Literatura

El tiempo de las mujeres

En El tiempo de las mujeres, unha novela complexa e ambiciosa, relata a historia de tres irmás sobre o pano de fondo da transición democrática española. Desa forma a morte do pai de todas elas adquire un certo valor simbólico xa que deben, de súpeto, acceder á madurez. A moza María séntese forzada a ocupar o baleiro que deixou o pai, xa que a nai é desasistida e inmatura, a súa irmá Carlota atolada e mística e a outra, Paloma, soamente parece pensar en fuxir da casa. A novela resulta do derrube das ilusións de cada unha das tres irmás e a casa familiar, Villa Casilda, simboliza unha infancia feliz e unida da que a morte do pai as saca independizando o destino de cada unha delas respecto das outras. Trátase dunha novela de formación ou Bildungsroman feminino que utiliza tres diferentes narradoras en primeira persoa, onde o verdadeiro tema é a coincidencia entre maduración e soidade e a trama vai avanzando desde o inicial humor ao desencanto e o drama.

Enterrar a los muertos

Na súa obra máis ensaística, Enterrar a los muertos, dá forma narrativa ao feito real do asasinato de José Carballos Pazos e a súa investigación por parte do novelista estadounidense John Dos Passos. O crime foi no seu momento unha causa soada á que se referiron despois, a miúdo de forma nesgada ou incorrecta, moitos dos principais historiadores da Guerra Civil. José Carballos e John Dos Passos coñecéronse a finais de 1916, e a súa amizade soamente se interrompeu coa morte do primeiro en 1937. Carballos traduciu o Manhattan Transfer de Dos Passos ao español e era un republicano fervente que en xullo de 1936 non dubidou en pórse ao servizo do goberno lexítimo. Tempo despois, foi detido en Valencia polos servizos secretos soviéticos e desapareceu. John Dos Passos non soubo do seu asasinato até abril de 1937, cando se atopaba en España colaborando nun documental de propaganda republicana. Empeñado en pescudar a verdade, chocou contra unha tupida conspiración de silencio e mentiras, e o que entón entreviu acabaría determinando a súa evolución ideolóxica e provocando a ruptura da súa vella amizade con Ernest Hemingway. Ignacio Martínez de Pisón documentouse con rigor e iluminou un escuro capítulo do pasado recente cun fresco da historia colectiva de España que expón o importante problema moral da dignidade nun réxime totalitario baixo o aparente molde dunha novela policial.

Dientes de leche

Sobre a súa novela Dientes de leche escribiu Ernesto Ayala-Dip que nela o autor "sempre sae vitorioso. Esa é a función da arte. (...) Coma se o autor nos dixese: a vida ás veces ten moito de incrible e a arte da ficción ten a obrigación de facela verosímil." E acerca da súa obra El día de mañana, Ricardo Senabre dixo: "Sen divagacións, sen artificios explicativos, confiándoo todo á concisa narración dos feitos, Martínez de Pisón alcanza nalgúns momentos unha sutileza psicolóxica e una fondura que constitúen indicios inequívocos da madurez creadora."

La buena reputación

En 2014 publicou La buena reputación, pola que obtivo o Premio Nacional de Narrativa de 2015. O xurado do premio cualificouna como “un retrato do mundo xudeo-español en Melilla na época do Protectorado e o complexo desenvolvemento dunha rede de relacións familiares no marco dun relato extenso moi fiel á tradición novelesca”. Foi ben acollida entre a crítica e o público. J. M. Pozuelo Yvancos afirmou que "esta novela móstranos a Martínez de Pisón convertido xa nun mestre".[5]

Derecho natural

A súa seguinte novela Derecho natural, publicada en 2017, conta a historia dun actor fracasado que acaba gañándose a vida como imitador de Demis Roussos. Foi incluída como un dos 20 mellores libros de 2017, segundo Babelia.[6]

Filek. El estafador que engañó a Franco

En 2018 publicou Filek. El estafador que engañó a Franco, onde presenta unha investigación sobre un personaxe real un falso inventor dunha gasolina sintética que triunfou na España de 1939. Tamén de 2018 é a premiada adaptación televisiva da súa novela El día de mañana, estreada en Movistar Plus e dirixida por Mariano Barroso.

Fin de temporada

En 2020 regresou á ficción e publicou Fin de temporada, da que a crítica escribiu: «… poucos escritores españois hai mellor dotados que el para organizar a narración dunha historia. Con esta novela sucede que ao lector lle entran a miúdo ganas de postergar a súa lectura para que non se termine, de tanto que está a gozar» (José María Pozuelo Ivancos, ABC Cultural) ou «Unha novela que desarma pola súa emotividade e clarividencia psicolóxica» (Carlos Pardo, Babelia).[7][8]

Castillos de fuego

Nesta extensa novela, publicada en 2023, o autor aragonés recrea os primeiros anos do franquismo en España entre 1939 e 1945 nunha gran novela realista algo lastrada polo seu afán de detalle, algo «inherente a un realismo de recreación sociohistórica. Con esta poética, Castillos de fuego está entre o mellor que pode facerse e iso non é pouca cousa», segundo a crítica publicada por Domingo Ródenas de Moya no suplemento literario de El País.[9] En palabras do crítico, «Pisón logra o seu propósito e entrega unha das súas mellores novelas». Para Alberto Olmos é unha «novela extraordinaria», segundo escribe en El Confidencial: «Castillos de fuego está, por dicilo con prudencia, a anos luz de todas as demais novelas que chegaron ás librarías en 2023. Por ambición, por técnica, por emoción, por traballo».[10]

Obra

  • La ternura del dragón (1984). Anagrama. Novela.
  • Alguien te observa en secreto (1985). Anagrama. Relatos.
  • Antofagasta (1987). Anagrama. Dúas nouvelles: La última isla desierta e Antofagasta
  • Nuevo plano de la ciudad secreta (1992). Anagrama. Novela., novela
  • El fin de los buenos tiempos (1994). Anagrama. Tres relatos ou novelas curtas: Siempre hay un perro al acecho, El fin de los buenos tiempos e La ley de la gravedad
  • El tesoro de los hermanos Bravo (1996). Alba. Novela.
  • Carreteras secundarias (1996). Anagrama. Novela.
  • Foto de familia (1998). Anagrama. Relatos.
  • El viaje americano (1998). SM. Novela.
  • Una guerra africana (2000, SM) e 2008 RBA) Novela
  • María bonita (2001). Anagrama. Novela.
  • El tiempo de las mujeres (2003). Anagrama. Novela.
  • Enterrar a los muertos (2005). Seix Barral.
  • Las palabras justas (2007). Xordica. Reportaxes.
  • Dientes de leche (2008). Seix Barral. Novela.
  • Partes de guerra (2009 RBA e 2022 Catedral), como antólogo de 35 relatos sobre a Guerra Civil Española (39 relatos e un novo prólogo na reedición)
  • Aeropuerto de Funchal (2009). Seix Barral. Antoloxía de contos
  • El día de mañana (2011). Seix Barral. Novela. Premio de la Crítica
  • La buena reputación (2014). Seix Barral. Novela. Premio Nacional de Narrativa
  • Derecho natural (2017). Seix Barral. Novela.
  • Filek: El estafador que engañó a Franco[11] (2017). Seix Barral. Novela.
  • Fin de temporada (2020)Seix Barral. Novela.
  • Castillos de fuego (2023). Seix Barral. Novela.

Premios

  • Premio Casino de Mieres 1984 por La ternura del dragón
  • Premio Torrente Ballester 1991 por Nuevo plano de la ciudad secreta
  • Premio NH 1999 ao mellor libro español de relatos por Foto de familia
  • Premio Pedro Saputo 2000 ao mellor libro aragonés do ano por María bonita
  • Premio Dulce Chacón de Narrativa Española 2006 por Enterrar a los muertos
  • Premio Rodolfo Walsh 2005 por Enterrar a los muertos
  • Premio San Clemente 2009 por Dientes de leche
  • Premio das Letras Aragonesas 2011
  • Premio Hislibris ao mellor autor español 2011 polo día de mañá
  • Premio da Crítica de narrativa castelá 2011 por El día de mañana
  • Finalista do Premio ao Libro Europeo do Ano 2011 da Unión Europea día de mañana
  • Premio Ciutat de Barcelona 2012 por El día de mañana
  • Premio Giuseppe Acerbi (Castel Goffredo, Mantua) 2012 por Dientes de leche
  • Premio Espartaco Semana Negra de Xixón 2012 por El día de mañana
  • Premio Don Luís á Excelencia Literaria 2012 (Adegas Luís Alegre, Laguardia, Rioxa Alavesa)
  • Premio Libro do ano nos Premios Cálamo 2014 por La buena reputación
  • Premio Nacional de Narrativa de 2015 por La buena reputación
  • Premio José Antonio Labordeta á Literatura 2017
  • Premio Especial do Xurado - Premio Artes & Letras 2020

Notas

  1. José Luis Melero. Semblanza de Ignacio Martínez de Pisón
  2. Oyarzun, Roman Oyarzun (2008-07-03). HISTORIA DEL CARLISMO (en castelán). Editorial MAXTOR. ISBN 978-84-9761-448-1. 
  3. "SEMBLANZA DE IGNACIO MARTÍNEZ DE PISÓN". www.joseluismelero.net. Consultado o 2023-11-16. 
  4. "Filosofía y Letras celebra su patrón". El Periódico de Aragón (en castelán). 2015-04-17. Consultado o 2023-11-16. 
  5. Cia, Blanca (2015-09-22). "“Un premio significa que te toman en serio”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-11-16. 
  6. Escaparate, EL PAÍS (2017-12-15). "Los 20 mejores libros de 2017, según Babelia (II)". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-11-16. 
  7. "Martínez de Pisón, la red del pasado familiar". Diario ABC (en castelán). 2020-09-08. Consultado o 2023-11-16. 
  8. Pardo, Carlos (2020-09-05). "Vivir es traicionarse". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-11-16. 
  9. Moya, Domingo Rodenas de (2023-02-18). "‘Castillos de fuego’, todos los grises de la posguerra". El País (en castelán). Consultado o 2023-11-16. 
  10. Olmos, Alberto (2023-02-13). "¿Por qué duró tanto el franquismo? Esta novela te lo explica". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 2023-11-16. 
  11. "Reseña de «Filek» en Los Libreros Recomiendan". 

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!