Ian Curtis

Modelo:BiografíaIan Curtis

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Ian Kevin Curtis Editar o valor en Wikidata
15 de xullo de 1956 Editar o valor en Wikidata
Stretford, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte18 de maio de 1980 Editar o valor en Wikidata (23 anos)
Macclesfield, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, enforcamento Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMacclesfield Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónThe King's School, Macclesfield (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1,85 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, guitarrista, letrista, cantautor, compositor, compositor de cancións, poeta Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1976 Editar o valor en Wikidata - 1980 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock, Rock gótico, darkwave (pt) Traducir e post-punk Editar o valor en Wikidata
Influencias
High-Rise (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
TesituraBarítono e Barítono dramático (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

InstrumentoGuitarra, teclado, melodica e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoFactory Records Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeDeborah Curtis (1975–1980), morte da persoa Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0193350 BNE: XX5499008 Spotify: 6xSxIN1tpzv9jJEOVtw6ir Musicbrainz: 10ae1bf6-88b2-4fb4-8fbe-8227a49803d3 Discogs: 236149 Allmusic: mn0000073046 WikiTree: Curtis-11016 Find a Grave: 1831 Deezer: 4424845 Editar o valor en Wikidata

Ian Kevin Curtis, nado en Manchester o 15 de xullo de 1956 e finado o 18 de maio de 1980, foi un cantante inglés. Criouse en Hurdsfield (no arrabalde de Macclesfield), pero viviu a maior parte da súa vida adulta en Macclesfield, onde asistiu ó instituto The King's School. Foi o cantante e compositor do grupo Joy Division, do que foi cofundador en 1977 na cidade de Manchester.

Traxectoria

Curtis uniuse ó grupo no ano 1976 cando os seus outros tres integrantes asistían a un concerto dos Sex Pistols. Vírono cunha camiseta co texto hate (odio). Curtis uniuse á banda, que daquela tiña o nome de Warsaw. O músico casou con Deborah Woodruffe o 23 de agosto de 1975. Catro anos máis tarde tiveron a súa única filla, Natalie. Mentres actuaba con Joy Division, Curtis desenvolveu un estilo de baile moi persoal reminiscente dos ataques epilépticos que sufría, ás veces mesmo no escenario. A similitude era tanta que o público chegaba a dubidar se aquilo que vían era parte da actuación ou un verdadeiro ataque. Ás veces desmaiábase e tiñan que axudalo a baixar do escenario, xa que a súa saúde ía empeorando debido ó gran número de concertos que o grupo daba.

Ian era un home bastante reflexivo, algo que demostraba nas súas letras, en cancións como She's Lost Control (que fala sobre unha das súas amigas que tamén sufría ataques epilépticos). É notable o ton depresivo e seco das letras das súas composicións, presente en cancións como Disorder, The day of the lords ou Love will tear us apart. Estes temas levaron os seguidores, e incluso a súa propia esposa, Deborah, a crer que estaba cantando sobre a súa propia vida. Curtis unha vez comentou nunha entrevista que escribía sobre "as diferentes formas que a xente tiña para superar certos problemas e como o facían para adaptarse". A súa voz de barítono facíao parecer moito maior do que realmente era (23 anos no momento da súa morte) e impregnaba de tenebrosidade as cancións de Joy Division.

As súas influencias principais foron os escritores William S. Burroughs e J.G. Ballard (hai dous títulos de cancións que referencian a estes autores, "Interzone" e "Atrocity Exhibition"), e os cantantes Jim Morrison, Iggy Pop e David Bowie.

O último concerto onde Curtis participou foi o mesmo mes que morreu, e incluíu a primeira e última posta en escena da canción "Ceremony", que máis tarde sería reversionada por New Order. A única canción que Curtis nunca cantou en público foi "Digital".

Os efectos da epilepsia e os seus problemas persoais, como o repentino divorcio, foron causas que contribuíron ó seu suicidio, quitándose a vida con 23 anos. A noite que morreu, días antes de que o grupo partise na súa primeira xira polos Estados Unidos, estivo vendo unha das súas películas preferidas, Stroszek, de Werner Herzog, unha película na que un artista atormentado se suicida. Máis tarde colgouse na cociña mentres escoitaba o disco "The Idiot" de Iggy Pop, o que continúa xerando especulación sobre cal foi a verdadeira razón para suicidarse. Algúns críticos cren que sinxelamente desexaba morrer novo, cumprindo co mito da estrela de rock'n'roll que morre nova.

Curtis foi incinerado e as súas cinzas enterradas en Macclesfield, coa inscrición "Love will tear us apart" na súa lápida. Este epitafio, escollido por Deborah Curtis, é o título da canción máis coñecida de Joy Division. "Closer", o segundo álbum de Joy Division, lanzouse de forma póstuma en 1980, dous meses despois do suicidio de Curtis.

Legado

O legado musical de Curtis é un tesouro inigualable para a música. Tanto a súa imaxe como o seu estilo de actuar sobre o escenario foron imitados por artistas posteriores.

Ian Curtis foi interpretado por Sean Harris na película 24 Hour Party People, (Michael Winterbottom, 2004), que recrea o auxe e caída de Factory Records entre os anos 70 e os 90.

No ano 2007 Anton Corbijn dirixiu Control, un biopic sobre Ian curtis, baseado no libro de Deborah Curtis Touching from a Distance. Nesta ocasión foi interpretado por Sam Riley, cantante da banda 10000 Things.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Strategi Solo vs Squad di Free Fire: Cara Menang Mudah!