Huế orixinalmente era coñecida por ser capital da dinastía de Nguyễn, unha dinastía feudal que dominou gran parte do sur do Vietnam dende o século XVII ao século XIX. En 1775, cando Trịnh Sâm foi capturado, a cidade era coñecida como Phú Xuân. En 1802, Nguyễn Phúc Ánh (máis tarde emperador Gia Long) conseguiu estabelecer o seu control sobre todo o Vietnam, sendo esta capital nacional.[1]
↑Woodside, Alexander (1988). Vietnam and the Chinese model: a comparative study of Vietnamese and Chinese government in the first half of the nineteenth century. Harvard Univ Asia Center. p. 127. ISBN 978-0-674-93721-5.