Hugh Strickland era orixinarion de Reighton, no East Riding de Yorkshire. Era o segundo fillo de Henry Eustatius Strickland de Apperley, Gloucestershire, e da súa esposa Mary, filla de Edmund Cartwright, inventor do tear mecánico, e neta de Sir George Strickland, baronet de Boynton.[1]
En 1827 foi enviado como alumno a Thomas Arnold (1795–1842), un amigo da familia.[1]
En 1845 casou con Catherine Dorcas Maule Jardine, filla de Sir William Jardine.[2] Ela debuxou moitas das ilustracións de Illustrations of Ornithology (Ilustraciones de Ornitoloxía) (1825-43), usando as súas iniciais, CDMS.
Ao regresar á súa casa en Cracombe House, cerca de Tewkesbury, comezou a estudar a xeoloxía do val de Evesham, enviando artigos nos anos 1833 e 1834 á Geological Society of London (Sociedade Xeolóxica de Londres).
Tamén lle prestou moita atención á ornitoloxía. Coñeceu a Roderick Murchison, que o presentou a William John Hamilton (1805-1867) e acompañouno en 1835 nunha viaxe a través de Asia Menor, Tracia (Bósforo) e á illa de Zante. Hamilton logo publicou os resultados desta viaxe a da súa posterior excursión a Armenia en Researches in Asia Minor, Pontus and Armenia (Investigacións en Asia Menor, Ponto e Armenia) (1842).
Despois do su regreso en 1836, Strickland levou á Sociedade Xeológica de Londres varios documentos sobre a xeoloxía dos distritos que visitara no sur de Europa e en Asia. Tamén describiu en detalle os "sedimentos nos condados de Worcester e Warwick, con especial atención as sedimentos fluviais de Cropthorne, nos que se encontraron restos de hipopótamos etc.". Con Murchison leeu ante a Sociedade Xeológica un documento importante On the Upper Formations of the New Red Sandstone System in Gloucestershire, Worcestershire and Warwickshire (Sobre as formacións superiores do novo sistema de areísca vermella en Goucestershire, Worcestershire e Warwickshire) (Trans. Geol. Soc., 1840).
Tamén elaborou un informe, en 1842, dun comité designado po esta Asociación Británica para considerar as regras de taxonomíazoolóxica. Este informe foi a codificación formal máis temperá do principio de prioridade, que representa o precepto guía fundamental que preserva a estabilidade da nomenclatura biolóxica.
Strickland foi un dos fundadores da Ray Society, suxerida en 1843 e establecida en 1844, cuxo obxecto era a publicación de obras sobre historia natural que non poderían ser emprendidas por sociedades científicas ou editoriais. Para esta sociedade Strickland corrixiu, ampliou e editou o manuscrito de Louis Agassiz para a súa "Bibliographia Zoologiae et Geologiae", (1848). En 1845 editou con J. Buckman unha segunda e ampliada edición de "Murchison's Outline of the Geology" de Cheltenham. En 1846 instalouse en Oxford, e dous anos máis tarde emitiu, xunto con Alexander Gordon Melville, un traballo en The Dodo and its kindred (1848).
En 1850 foi nomeado lector adxunto en xeología da Universidade de Oxford, durante a enfermidade de Buckland, e en 1852, foi elixido membro da Royal Society. Ao ano seguinte, despois de asistir á reunión da Asociación Británica en Hull, foi a examinar cortes xeolóxicos no Manchester Sheffield & Lincolnshire Railway cerca de Retford. Alí foi atropelado e morto por un tren; nunha vía dupla saíu do camiño dun tren de mercadorías e foi atropelado por un expreso que viña na dirección oposta. Foi enterrado na igrexa de Deerhurst cerca de Tewkesbury, onde se erixiu unha lápida conmemorativa.
↑"Kindred Britain". Kindred Stanford. xaneiro de 2017. Consultado o 27 de abril de 2022.
↑Rubel, M. (1977) Evolution of the genus Stricklandia (Pentamerida, Brach.) in the Llandovery of Estonia, ENSV TA Geoloogia Instituut, Kaljo, D. (ed.) Facies and fauna of the Baltic Silurian, pp. 193-212.
↑Fortey, Richard (2016) The Wood for the Trees: The Long View of Nature from a Small Wood. London: William Collins. ISBN 978-0-0081-0466-5, p. 233.
↑"Three Men and a Bird". Journal of the Malaysian Branch of the Royal Asiatic Society, vol. 86, part 1, pp. 113-119 (xuño de 2013).