O Hospital Universitario Lucus Augusti tamén coñecido polas súas siglas como HULA é un centro asitencial do Sergas da cidade de Lugo situado en San Cibrao, preto da A-6.
Proxectado en 1998 e cunha data prevista de inuguración de 2002 o hospital foi inaugurado en 2010 cun custe superior aos 220 millóns de euros.[1] Ten unha superficie de 166.000m2, ten 869 camas, 19 quirófanos e un heliporto.
O edificio foi construído por San José e Dragados, é unha edificación moderna e funcional cun máximo de seis andares, máis sotos para servizos e maquinaria baixo as cubertas. O exterior está cuberto de lousa e madeira. Unha galería de máis de 600 metros, non accesa aos doentes, comunica todo o hospital dun extremo a outro.