Abaixo: a medalla representada no cadro, atribuída a Donatello, datada ca. 1464-1466.[2]
A historia da medalla italiana ten as súas orixes na primeira metade do século XV. A escola medallísticaitaliana foi unha das máis antigas, influentes e importantes de toda Europa.
Logo da prohibición do século IX da práctica de reproducir retratos de personaxes en medallóns, que estivera tan en voga nos imperios romano e bizantino, en París comezaron a producirse novamente medallóns en ouro e, posteriormente, tamén en bronce, a principios do século XV na corte do Duque de Berry, un notable coleccionista. Estas novas pezas, dedicadas sinaladamente a heroes do cristianismo, considéranse adoito como as primeiras manifestacións de medallas conmemorativas do final da Idade Media e están vinculadas ao mundo figurativo do gótico tardío.[4][5][6]
En Italia foi Pisanello (1395-1455) o primeiro en retomar a tradición das medallas de retrato, coa dedicada a Xoán VIII Paleólogo, en 1438.[7] Esta medalla, quizais concibida como unha continuación da serie do Duque de Berry, para homenaxear o novo heroe da cristiandade, unificador das igrexas oriental e occidental, difería, porén, das anteriores, ao se recorrer á figura dun personaxe vivo. Ademais, o busto reprodúcese ata os ombreiros e de perfil, nun padrón fielmente inspirado na tradición da Antiga Roma. A medalla do emperador bizantino tivo unha difusión extraordinaria e motivou que Pisanello comezase a recibir numerosas encargas doutras medallas por parte de nobres de Milán, Mantua, Ferrara, Rimini e Nápoles, e tamén doutros dignatarios aliados das respectivas cortes. Esta serie de novas creacións coñécese como as "medallas de Pisanello".[8][9][10]
Os sucesores de Pissanelo
As medallas do século XV eran esencialmente fundidas en bronce, seguindo un modelo en cera que daba lugar a un primeiro exemplar, mediante a técnica de fundición á cera perdida. A partir deste exemplar, utilizado como matriz, podíanse facer varias copias, que se intercambiaban ou se regalaban, como sinal dun favor especial ou como mostra de afecto nas promesas matrimoniais, de xeito similar ao uso das pinturas de retrato. Por mor do efecto dunha lixeira mingua do bronce, as medallas obtidas mediante cuñaxe cun cuño previamente fundido son lixeiramente máis pequenas que os orixinais, o que ás veces provoca diferenzas de tamaño de varios milímetros en diversas tiraxes dunha mesma medalla. No entanto, o número de copias era adoito moi limitado, dunhas ducias de exemplares como máximo.
As medallas de Pisanello (23 tipos coñecidos), caracterízanse polo coidadoso tratamento da b e da vestimenta do personaxe protagonista, así como pola viva representación dos motivos simbólicos e her dos reversos, e tamén por unha sobriedade allea ao retórico ou artificial. Aprécianse claras referencias ao mundo antigo, como o feito de que os retratos sexan de perfil, á maneira das condecoracións e das moedas da Antiga Roma, unha característica que se mantivo ata os nosos días.[9]
Matteo de' Pasti
O medallista máis sobranceiro da xeración posterior foi Matteo de' Pasti,[12] que traballou para Sigismondo Pandolfo Malatesta, para quen creou unha serie de medallas relativas a el, á súa muller, Isotta degli Atti, e aos principais personaxes da súa corte. En tanto que os retratos están á altura dos do seu mestre Pisanello, e mesmo os superan canto á modelaxe e ao realismo, os reversos das súas medallas adoitan ser máis sinxelos, con temas únicos e con composicións alegóricas máis convencionais. Por primeira vez aparecen retratados edificios, como o castelo Sismondo de Rimini, e mesmo se relacionan con proxectos futuros, como a idea orixinal de Leon Battista Alberti para o que logo foi o templo Malatestiano (a catedral de Rimini).[13]
O uso das medallas estendeuse axiña na segunda metade do século e desenvolveuse con certa independencia en diferentes cidades. As princiapis escolas floreceron en Mantua, Venecia, Milán, Florencia e Roma.[14]
Escolas
Mantua
En Mantua, os medallistas ao servizo dos Gonzaga, malia non acadaren inicialmente o nivel de Pisanello nin de Matteo de' Pasti, demostraron unha boa execución das súas obras, especializadas nunha evocación culta da Antigüidade. É posible que Cristoforo di Geremia[15] recorrese aos consellos de Andrea Mantegna, o pintor da corte, para realizar os reversos dalgunhas das súas medallas. Outros medallistas que traballaron para os Gonzaga foron Sperandio Savelli[16] (de Mantua, aínda que activo principalmente en Boloña e Ferrara) e, xa cara á fin do século, Pier Jacopo Alari Bonacolsi (o Antigo)[17] e Giovanni Cristoforo Romano,[18] o escultor favorito de Isabella d'Este.
Outras escolas do norte de Italia
Tamén houbo medallistas destacados noutras cortes e cidades. Gianfrancesco Enzola (il Parmense),[20] traballou ao servizo dos Sforza, en tanto que en Venecia operaba Marco Guidizani,[21] quen produciu unha medalla de Bartolomeo Colleoni cando este aínda vivía, probablemente en 1454. Seguiu os seus pasos o ouriveGiovanni Boldù,[22] autor de retratos executados cunha minuciosa atención ao detalle de personaxes descoñecidos, como Filippo Maserano ou un músicoalemán chamado Nicolaus Schiffer. Teñen sona dúas medallas súas con autorretratos, con senllos reversos diferentes: un tipicamente cristián e outro cun refinado memento mori de inspiración humanística.[23]
Aínda que inicialmente foran creadas como símbolo de status e de poder, as medallas da fin do século tendían xa a incluír personaxes de rango social máis modesto; Antonio da Caravaggio,[27] por exemplo, só retratou nas súas medallas membros da súa propia familia.[9]
Florencia
Na corte dos Medici en Florencia, as primeiras medallas foron cuñadas por escultores e ourives anónimos. Unha das máis antigas coñecidas é a que reproduce a efixie de Cosme o Vello, o pater patriae, medalla que tamén aparece nun coñecido retrato de Botticelli.[29]
Niccolò di Forzore Spinelli[33] traballou despois na corte de Lourenzo o Magnífico; atribúenselle con certeza cinco medallas e con algunhas dúbidas outras 150, que tamén poderían ser obra de axudantes ou imitadores. Os seus retratos adquiren un grosor e unhas dimensións maiores na superficie das medallas, en tanto que os reversos son máis convencionais, adoito como copia de moedas antigas e de xemas das coleccións dos Medici. Do mesmo xeito que a escultura e a pintura amosaban cada vez máis interese pola precisión na fisionomía das reproducións das efixies (como é o caso das obras de Antonio Rossellino e de Benedetto da Maiano), tamén as medallas de Spinelli amosan ese interese, aínda que no caso da medalla desta escola se compromete tal precisión pola repetición de tipos físicos prestablecidos: por exemplo, na serie de mulleres da nobreza florentina (Giovanna Tornabuoni, Lucrezia Martelli, Costanza Rucellai, Eleonora Altoviti) as efixies aparecen só superficialmente caracterizadas por elementos como o peiteado, a vestimenta ou a explícita inscrición do nome.[32]
Roma
A espléndida época do Renacemento en Roma atraeu cara á cidade artistas procedentes de toda Italia, tamén no ámbito da medallística. Cristoforo di Geremia achegou o seu estilo típico de Mantua, continuado posteriormente polo seu sobriño Lisippo il Giovane.[34]Giovanni Candida[35] pode ser considerado como un afeccionado, xa que a súa profesión principal era a diplomacia, aínda que tiña un alto nivel, máis como retratista que no deseño duns reversos máis banais.[25]
No século XVI a cuñaxe de medallas colleu pulo, en tanto que o uso da fundición se ía debilitando, máis vinculada, esta última, á propaganda estatal das casas reinantes e do papado, cunha maior difusión de exemplares, grazas tamén á nova maquinaria.[38]
Os retratos de persoas vivas perderon vitalidade e individualidade con respecto ao século anterior, e impúxose unha tipoloxía máis estandarizada, ligada á retórica cortesá e impersoal, como fixo Leone Leoni[39] na súa serie para os Habsburgo. Os reversos tamén evolucionaron cara a temas cada vez máis académicos, concibidos polos homes de letras e eruditos da corte e intelixibles apenas por unha elite restrinxida.[38]
Os centros máis importantes da produción medallística do século XVI foron Milán, Venecia, Florencia e Roma.[38]
Milán
Milán foi o centro máis influente da Península Itálica. Nos inicios do novo século, o creador máis sobranceiro era Cristoforo Foppa, coñecido como Caradosso,[41] un medallista da corte que sucedeu a Gianfrancesco Enzola e que tamén traballou en Mantua e en Roma. Entre as súas obras máis salientables está a medella de Xulio II que conmemora a colocación da primeira pedra da Basílica de San Pedro no Vaticano, cunha reprodución no reverso do deseño orixinal de Donato Bramante.[42]
A segunda metade do século foi dominada por Leone Leoni, cuxo estilo se estendeu por toda Europa. Leoni traballou para todas as cortes dos Habsburgo, desde os Países Baixos ata España e o sur de Alemaña. Os seus retratos de corte chegaron a se converter en verdadeiros prototipos, amplamente imitados; neles non é a personalidade do suxeito o que se capta, senón o rango asociado ao seu papel social. Nos reversos, sobre todo nos da serie dos Habsburgo, predominan as alegorías, representadas cun evidente sentido pictórico. Ademais destas series, son famosas as súas medallas de Michelangelo Buonarroti e as realizadas para Andrea Doria, en ambos os casos como agasallo de agradecemento.[43]
O seu fillo, Pompeo Leoni,[44] desenvolveu a súa actividade fundamentalmente en España, variando os modelos que lle deran tanta sona a seu pai. Entre os seguidores milaneses de Leone Leoni atópanse Annibale Fontana[45] e Antonio Abondio,[46] este último tamén influído pola escola emiliana.[43]
Venecia e o Véneto
En Venecia as mellores obras pertencen a dous escultores de sona: Jacopo Sansovino[48] e Alessandro Vittoria.[49] O primeiro retratou con gran delicadeza en tres medallas o procurador de San Marcos, Tommaso Rangone, e logrou mesmo reproducir a textura da peluxe da súa túnica. No reverso coa Vía Láctea, unha complexa alegoría alude á condición do procurador como fillo adoptivo.[42]
Alessandro Vittoria foi alumno de Sansovino e entre as súas creacións máis exitosas están as medallas para Pietro Aretino e para a súa muller, Caterina Sandella. A primeira ten un reverso satírico e asemade halagador, cos príncipes da Terra rendendo homenaxe a Aretino.[42]
Valerio Belli[50] estivo activo en Vicenza, coñecido sobre todo como gravador de xemas. A súa medalla de 1538 de Pietro Bembo foi fundida, non cuñada, e presenta un retrato realista, libre de idealizacións habituais en épocas anteriores.[51]
En Padua, Giovanni da Cavino[52] levou adiante o gusto anticuario típico dos ambientes universitarios ao elaborar, por exemplo, unha serie de reproducións de moedas romanas de bronce. Os retratos da súa produción medallística son fríos, pero bastante personalizados, e os reversos nunca pasan de ser unha reprodución mecánica de modelos antigos.[51]
Reggio Emilia
A escola que se desenvolveu en Reggio Emilia, cuxo maior expoñente foi Alfonso Ruspagiari,[53] tivo resultados orixinais. Os seus retratos, mesmo os de persoas de rango modesto, están intensamente caracterizados e con manierismos elegantes derivados da pintura da época.[54]
Outro expoñente desta escola é Andrea Cambi (alcumadoil Bombarda)[55], que realizou notables retratos modelados primeiro en cera, mais deixando sempre os reversos lisos.[54]
Florencia e a Toscana
En Siena, Pastorino[57] foi o creador máis activos da súa época; á súa man débenselle máis de 200 medallas, moitas delas carentes de reverso.[54]
En Florencia destaca a actividade de Francesco da Sangallo,[58] un escultor da escola de Michelangello que, nesa condición, soubo dotar os retratos das medallas dun vigor lixeiramente "áspero", cunha notable expresividade.[54]
A figura máis influente foi, sen dúbida ningunha, a do florentino Benvenuto Cellini,[59] quen en tanto que traballaba para o papa Clemente VII tamén exerceu a súa influencia sobre os medallistas romanos.[51]
Tamén foi destacable a actividade do gravador de xemas e de cristais de rochaDomenico di Polo,[60] coñecido como de' Vetri. Na segunda metade do século tamén cómpre salientar a figura de Domenico Poggini,[61] máis coñecido como escultor que como medallista, autor de retratos impersoais, marcados por unha realeza austera similar á dos retratos do pintor Agnolo Bronzino.[51]
Roma
Pier Paolo Galeotti,[63] alumno romano de Cellini, foi un prolífico autor de máis de oito decenas de medallas diversas, un dos maiores mestres da súa época, con retratos caracterizados pola súa sutileza e reversos dotados de moita orixinalidade, con trazos claramente pictóricos.[51]
Nos estados italianos, o xénero artístico da medalla comezou a perder interese a partir do século XVII, cando pasou a ocupar unicamente a artistas da corte con carácter ocasional. A única excepción foi a dos Estados Pontificios, onde cada pontífice tivo a súa propia serie de emisións, o que o levou a dominar a escena medallística, tanto en cantidade como en calidade. En tanto que a medalla cuñada proseguía o seu perfeccionamento, desenvolveuse o gusto polas escenas de xénero nos reversos, tomadas con frecuencia de episodios significativos da vida cotiá. Nas series papais, xunto aos vellos emblemas e as novas personificacións, atópanse reproducidas escenas como, por exemplo, a chegada a Roma de Cristina de Suecia (1655) ou a maquinaria inventada por Carlo Fontana para erguer o obelisco de Montecitorio.[51]
As moedas dos Estados Pontificios tiñan nesta época as mesmas medidas que as moedas de medio escudo e dun escudo, o que deu lugar a que os tamaños das cabezas fosen máis reducidos, do que Gaspare Mola[67] se afastou na súa serie sobre Alexandre VII, onde a cabeza se amosa ampliada en proporción e mellor lograda desde o punto de vista escultórico.[68]
Giacomo Antonio Moro,[73]Gaspare Mola[74] e o seu sobriño Gaspare Morone[75] foron os artistas máis característicos da primeira metade do século, en tanto que a segunda estivo dominada por Alberto Hamerani[76] e os seus descendentes, nos que se centrou a produción medallística da corte papal ata finais do século XVIII.[71]
As medallas elaboradas mediante fundición eran cada vez máis raras en Roma, normalmente obra ocasional de artistas como Travani e dalgúns non italianos, como Johann Jakob Kornmann,[77] . Só renaceu cara á fin do século na escola de Florencia, onde Massimiliano Soldani Benzi[78] tivo éxito na difícil tarefa de adaptar o xénero da medalla ao gusto barroco dominante, cuns resultados que se atopan entre os máis recoñecidos de Europa. Concibidas como placas-retrato, estas medallas asimílanse a baixorrelevos con orixinais incrustacións en altorrelevo (como na medalla na honra de Cosimo Serristori). Un dos seus seguidores foi Lorenzo Maria Weber,[79] que creou excelentes exemplos tanto para a corte florentina (medalla de Gian Gastone de' Medici) como para personaxes máis modestos socialmente, onde, sen as ataduras da etiqueta da corte, explotou a súa vea naturalista máis marcada. Tamén Antonio Selvi,[80] outro alumno de Soldani Benzi, mantivo un bo nivel de calidade ata mediados do século XVIII, logo do cal a medalla fundida chegou a caer no esquecemento.[81]
Pola contra, a medalla cuñada seguiu a ter durante o século XVIII o seu centro máis importante en Roma, aínda que a produción italiana xa non podía competir coa francesa, tanto durante o Antigo Réxime como no Imperio Napoleónico. O bo deseño e a fina execución só se atopaban nas producións do obradoiro da familia Hamerani, como se aprecia na medalla do papa Clemente XII creada por Ottone Hamerani,[82] que ten no reverso unha representación exacta da fachada da basílica de San Xoán de Latrán, segundo o proxecto de Alessandro Galilei.[83]
Séculos XIX e XX
Xa a finais do século XVIII o gusto neoclásico abriu o camiño a unha volta á pureza nas artes que tamén se manifestou na medallística, sobre todo nas napoleónicas. En Italia, a obra de Luigi Manfredini[85] foi a única que puido competir coa supremacía dos artistas franceses; na súa medalla de 1809 ( encelado), o xigante derrubado por unha chuvia de pedras supón unha alusión satírica ao réxime napoleónico.[83]
A situación en Roma era de confrontamento. Influídos polo escultor neoclásico Antonio Canova, os medallistas papais loitaban para gañaren os favores dos seus mecenas e, nalgúns casos, houbo artistas que decidiron distanciarse destas manobras e retirarse para seguiren creando noutras provincias. Tal é o caso, por exemplo, de Tommaso Mercandetti,[86] que rivalizaba con Salvatore Passamonti[87] e con Benedetto Pistrucci.[88] Este último, activo na corte inglesa e empregado na Real Casa da Moeda de Londres, deixou escrita parte da súa autobiografía, na que conta entre outras cousas o seu método de traballo, baseado na realización de retratos a partir de modelos en cera, que logo transformaba en cuños. A súa obra mestra é a medalla conmemorativa da Batalla de Waterloo, encargada polo Goberno Británico, concluída en 1849. Mesmo nas súas medallas posteriores, como a cuñada co gallo da coroación da raíña Vitoria, o estilo segue a estar claramente ligado ao Neoclasicismo.[83]
Mais o século XIX caracterizouse por dúas innovacións salientables: dunha banda a introdución do retrato enteiramente realista e, pola outra, o uso xeneralizado de escenas de xénero nos reversos. Un exemplo clásico é o da medalla sobre Daniele Manin creada en 1848-1849 por Antonio Fabris,[89] cun retrato totalmente carente de academicismo no anverso e un episodio noticioso no reverso, ao estilo dunha ilustración de xornal. Deste xeito, todas as artes contribuíron á redescuberta dun marcado realismo, apenas unhas décadas antes do revolucionario descubrimento da fotografía.[90]
A fin do século XIX marcou un estancamento na medallística italiana, fronte ao rexurdimento sucedido en países como Francia ou Austria.[90]
No século XX, a produción de medallas mantívose esencialmente ligada a episodios de propaganda, sinaladamente durante os vinte anos de fascismo, mais non se diferenciou moito da cuñaxe de moedas. Os acontecementos militares, deportivos (como os Xogos Olímpicos de Roma de 1960) e relixiosos (como os xubileus) serviron de inspiración para as series de medallas que, porén, tiveron unha produción conxuntural e esporádica.
Na segunda parte do século, nalgúns centros revitalizouse a antiga arte da medalla, entre eles Florencia, onde artistas como Mario Moschi, Antonio Berti e mesmo Pietro Annigoni se dedicaron á produción de medallas conmemorativas, encargadas por autoridades civís, académicas e asociativas, compañías privadas e, máis raramente, por particulares, como é o caso do historiador da arteRodolfo Siviero.
Este artículo o sección tiene referencias, pero necesita más para complementar su verificabilidad.Este aviso fue puesto el 14 de abril de 2016. No debe confundirse con Red (grupo), los subgrupos de R n {\displaystyle \mathbb {R} ^{n}} . Diagrama de Hasse del retículo de particiones del conjunto {1,2,3,4}. En matemáticas, específicamente en álgebra y teoría del orden, un retículo es una estructura algebraica en un conjunto: A {\displaystyle A\,} con una relación binaria: R {\displays...
1973 American film by Terrence Malick This article is about the 1973 film. For other films, see Badlands (disambiguation) § Films. BadlandsTheatrical release posterDirected byTerrence MalickWritten byTerrence MalickProduced byTerrence MalickStarring Martin Sheen Sissy Spacek Ramon Bieri Warren Oates Cinematography Brian Probyn Tak Fujimoto[1] Stevan Larner Edited byRobert EstrinMusic by George Tipton Carl Orff James Taylor (theme Migration) Distributed byWarner Bros.Release date...
لمعانٍ أخرى، طالع أحمد رائف (توضيح). أحمد رائف معلومات شخصية تاريخ الميلاد سنة 1940 تاريخ الوفاة 27 يناير 2011 (70–71 سنة) سبب الوفاة قصور القلب مكان الدفن المقطم مواطنة المملكة المصرية (1940–1952) جمهورية مصر [لغات أخرى] (1953–1958) الجمهورية العربية المتحدة (1958
فيلق القوات البرية الأمريكي الهندسي الدولة الولايات المتحدة الإنشاء 1775-الآن الولاء القوات البرية للولايات المتحدة الحجم 37,000 civilian and military (approx. 2%) members المقر الرئيسي واشنطن العاصمة شعار نصي ألوان القرمزي و الأبيض الموقع الرسمي www.USACE.Army.mil تعديل مصدري - تعديل في...
فيفي المركز تقسيم إداري البلد المغرب الجهة طنجة تطوان الحسيمة الإقليم شفشاون الدائرة باب تازة الجماعة القروية فيفي المشيخة بني مدارسين السكان التعداد السكاني 374 نسمة (إحصاء 2004) • عدد الأسر 80 معلومات أخرى التوقيت ت ع م±00:00 (توقيت قياسي)[1]، وت ع م+01:00 (توقيت صيفي)...
Santuario di Nostra Signora della VittoriaStato Italia RegioneLiguria LocalitàPasso del Pertuso (Mignanego) Coordinate44°32′39.53″N 8°57′20.55″E / 44.544314°N 8.955708°E44.544314; 8.955708Coordinate: 44°32′39.53″N 8°57′20.55″E / 44.544314°N 8.955708°E44.544314; 8.955708 Religionecattolica di rito romano Arcidiocesi Genova Completamento1751 Modifica dati su Wikidata · Manuale Il santuario di Nostra Signora della Vittoria è un...
Theory of causes and ethics of armed conflict Part of a series onWar History Prehistoric Ancient Post-classical Early modern napoleonic Late modern industrial fourth-gen Military Organization Command and control Defense ministry Army Navy Air force Marines Coast guard Space force Reserves Regular / Irregular Ranks Specialties: Staff Engineers Intelligence Reconnaissance Medical Military police Land units: Infantry Armor Cavalry Artillery Special forces Signal corps Naval units: Warships Subma...
This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Bolintin-Vale – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (February 2020) (Learn how and when to remove this template message) Town in Giurgiu, RomaniaBolintin-ValeTownAssumption churchLocation in Giurgiu County (red dot)Bolintin-ValeLocation in RomaniaCoordi...
Nepali film editor Shahil Khan शाहील खानBornKhalid Khan(1987-07-05)July 5, 1987Rangapur, Kapilvastu District, NepalNationalityNepaleseOccupationFilm EditorYears active2007-presentKnown forShahil KhanParentsNisar Ahmad Khan (father)Salma Khan (mother)AwardsLG Film Award Nepal 2016 Box Office Film Fare Award 2017 10th NEFTA Flim Award 2021 Khalid Khan (born 5 July 1987), known professionally as Shahil Khan Nepali: शाहील खान, is a Nepali film editor. He ...
Art of MesopotamiaThe Statue of Ebih-Il, circa 2400 BC; gypsum, schist, shells and lapis lazuli; 52.5 cm high, 20.6 cm wide; found by André Parrot at the Temple of Ishtar (Mari, Syria); Louvre History of art Periods and movements Prehistoric Ancient Medieval Pre-Romanesque Romanesque Gothic Renaissance Mannerism Baroque Rococo Neoclassicism Revivalism Romanticism Realism Pre-Raphaelites Modern Impressionism Symbolism Decorative Post-Impressionism Art Nouveau Fauvism Expressionism Cubism Cont...
Musbach valleySt. Ottilien in the Musbach valley. The sacristan's house (left), the church with the chapel and the spring (center), the former sexton's house (right)Long-axis directionNorth-SouthGeographyCoordinates48°0′10″N 7°53′57″E / 48.00278°N 7.89917°E / 48.00278; 7.89917 The Musbachtal[1] is a small 2.6 km long steep and narrow carved valley with a creek at the bottom. Location and geography The valley stretches from the Carthusian...
Albizua Datos personalesNombre completo Unai Albizua UrquijoNacimiento Llodio, Álava, País Vasco, España18 de enero de 1989 (34 años)Nacionalidad(es) EspañolaAltura 1,81 metrosCarrera deportivaDeporte FútbolClub profesionalDebut deportivo 2007(C. D. Basconia)Club Club PortugaleteLiga Tercera FederaciónPosición DefensaGoles en clubes 1[editar datos en Wikidata] Unai Albizua Urquijo (Llodio, Álava, 18 de enero de 1989) es un futbolista español que juega en posició...
Bandera de la unificación coreana utilizada desde 2006, con la isla de Ulleungdo al este. La bandera de la unificación coreana (hangul: 통일기 o 한반도기, hanja, 統一旗 o 韓半島旗) es una bandera sin carácter oficial que se utiliza para representar al conjunto de Corea, principalmente cuando Corea del Norte y Corea del Sur desfilan como un solo equipo en eventos deportivos. Muestra un mapa de la península de Corea en color azul e incluye la isla de Jeju al suroeste. Está co...
Museum YugoslaviaМузеј ЈугославијеDidirikan25 Mei 1962; 61 tahun lalu (1962-05-25)LokasiGospodar Jevremova 19, Beograd, SerbiaKoordinat44°47′12″N 20°27′06″E / 44.78667°N 20.45167°E / 44.78667; 20.45167Koordinat: 44°47′12″N 20°27′06″E / 44.78667°N 20.45167°E / 44.78667; 20.45167 Museum Yugoslavia (bahasa Serbia: Музеј Југославије) adalah museum sejarah di kota Beograd, ibu kota Serb...
This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Dénis Lindbohm – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (July 2009) (Learn how and when to remove this template message) Dénis LindbohmDénis Lindbohm ca 1970.BornErnst Rune Denis LindbomJuly 11, 1927TranåsDiedOctober 24, 2005(2005-10-24) (aged 78)...
Austro-Hungarian battleship SMS Viribus Unitis SMS Viribus Unitis in 1912 History Austria-Hungary NameViribus Unitis Ordered1908 BuilderStabilimento Tecnico Triestino, Trieste Laid down24 July 1910 Launched24 June 1911 Sponsored byArchduchess Maria Annunciata of Austria Commissioned5 December 1912 FateHanded over to the State of Slovenes, Croats and Serbs on 31 October 1918. State of Slovenes, Croats and Serbs NameJugoslavija Acquired31 October 1918 FateSunk, 1 November 1918 General character...
Kusaya embotellado de Niijima. El kusaya (くさや,, ''kusaya''? ‘huele mal’) es un estilo de pescado seco salado producido en las islas Izu, Japón. Es famoso por su mal olor, y es a menudo una cuestión de gusto y controversias, al igual que el Marmite y el queso azul. Sabor Aunque el olor del kusaya es fuerte, su sabor es muy suave. Al comerlo se suele acompañar de sake japonés o bien de Shōchū, pero sobre todo de una bebida en particular, Shima Jiman que es el orgullo de la ...
Catalan WikipediaViquipèdiaType of siteInternet encyclopedia projectOwnerWikimedia FoundationCreated byCatalan wiki communityURLca.wikipedia.org The Catalan Wikipedia (Catalan: Viquipèdia) is the Catalan-language edition of Wikipedia. This edition was started in March 2001, and is the fourth-oldest edition of Wikipedia. It is the 17th largest edition by article count.[1] As of May 2013, it had over 400,000 articles.[2] As of March 11, 2016, the number of the Catalan Wi...