O hidróxido de aluminio, Al (OH) 3, é a forma máis estable do aluminio en condicións normais. Na natureza constitúe o mineral chamado gibbsita.
Relacionados co hidróxido de aluminio están o hidróxido óxido de aluminio, AlO (OH), e o óxido de aluminio, Al2O3, que se diferencia só pola perda de auga. Estes compostos xuntos son os compoñentes principais do mineral chamado bauxita.
O carácter do “hidróxido de aluminio” foi polémico. É seguro dicir que a representación polos ións Al3+ e OH- está sobresimplificada. Formas máis ou menos hidratadas son moi frecuentes. Algunhas persoas escriben Al2O3. x H2O en lugar da forma primeiramente escrita nesta páxina.
O hidróxido de aluminio é anfótero. En condicións fortemente ácidas fórmase o Al (OH) 2+; en condicións fortemente básicas, fórmase o Al (OH) 4-. Estes son os ións principais en disolucións diluídas; en disolucións concentradas, fórmanse ións poliméricos que poden ser moi complexos.
Os sales do anión Al(OH) 4- (ou similares, tal como AlO2-) denomínanse ás veces aluminatos.
O hidróxido de aluminio neutraliza un exceso de ácido. Por exemplo, co ácido clorhídrico:
Al (OH) 3 + 3HCl → AlCl3 + 3H2O
Farmacoloxía
O hidróxido de aluminio emprégase como antiácido. Neutraliza o exceso de ácido no estómago e reduce a súa acidez. Esta diminución da acidez do contido do estómago pode axudar a aliviar os síntomas das úlceras, ardor de estómago ou dispepsia.
Pode causar estrinximento polo que é frecuente que se administre xunto con carbonato de magnesio que ten o efecto contrario. Este composto tamén se utiliza para controlar os niveis de fosfato no sangue nas persoas que sofren insuficiencia renal. Non obstante, hai sospeitas non confirmadas de que o consumo excesivo de aluminio é unha das causas da enfermidade de Alzheimer
Véxase tamén
Bibliografía
- Galbraith, A; Bullock, S; Manias, caza del E., B. y Richards, A. (1999). Fundamentales de la farmacología: un texto para las enfermeras y los profesionales de salud. Harlow: Educación Ltd. En español
Ligazóns externas