Wallace regresara a Europa en 1852, pero perdeu a súa colección nun naufraxio, cando Bates chegou sete anos despois, levaba 14 000 espécimes (a maioría insectos), dos que 8 000 eran novos para a ciencia.
En 1863 fornece a primeira confirmación da teoría da evolución de Charles Darwin ao publicar un artigo sobre a teoría do mimetismo, The imitation by a species of other life forms or inanimate objects, onde describe unha especie de bolboreta amazónica que evolúe para adoptar as cores doutra especie veciña á que non atacan os paxaros. Este tipo de mimetismo denominouse na súa honra mimetismo batesiano.