Henry David Thoreau |
|
Nacemento | (en) David Henry Thoreau 12 de xullo de 1817 Wheeler-Minot Farmhouse (Estados Unidos de América)
|
---|
Morte | 6 de maio de 1862 (44 anos) Concord (Estados Unidos de América)
|
---|
Causa da morte | tuberculose |
---|
Lugar de sepultura | Sleepy Hollow Cemetery (en) |
---|
Relixión | Unitarismo |
---|
Educación | Harvard College Universidade Harvard |
---|
|
Campo de traballo | Escrita, Ética, filosofía política, filosofía social, Filosofía da relixión, naturalismo e historia |
---|
Ocupación | poeta, escritor, abolicionista, naturalista, ecoloxista, tradutor, autobiógrafo, autor de diarios, filósofo, ensaísta, ecoloxista |
---|
Período de tempo | Filosofia do século XIX (pt) |
---|
Xénero artístico | Transcendentalismo (pt) |
---|
Movemento | Filosofía occidental |
---|
Influencias | Ralph Waldo Emerson, Sociedade Relixiosa dos Amigos, Cinismo, Aristóteles, Homero, Píndaro, Esquilo, Catón, Bhagavad Gita, Charles Darwin, Thomas Carlyle e Alexander von Humboldt |
---|
|
Obras destacables |
Arquivos en | |
---|
|
Cónxuxe | sen valor |
---|
Pais | John Thoreau e Cynthia Dunbar |
---|
Irmáns | Sophia Thoreau Helen L. Thoreau John Thoreau |
---|
|
|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Obálky knih, |
---|
|
Henry David Thoreau, nado en Concord, Massachusetts, o 12 de xullo de 1817 e finado en Concord o 6 de maio de 1862, foi un escritor, trascendentalista, e filósofo anarquista estadounidense famoso por Walden e mais polo seu tratado Civil disobedience.
Traxectoria
Thoreau foi agrimensor, naturalista, conferenciante e fabricante de lapis. Ademais de ser un dos pais fundadores da literatura norteamericana, hoxe en día é considerado un pioneiro da ecoloxía e da ética medioambientalista. É tamén o conceptualizador das prácticas de desobediencia civil.
Thoreau quixo experimentar a vida na natureza, polo que desde o 4 de xullo de 1845 viviu dous anos nunha fraga preto de Walden Pond, non lonxe da súa familia e amigos en Concord (como Ralph Waldo Emerson). Abandonou a súa cabana o 6 de setembro de 1847 para vivir coa súa familia. Walden, que relata a súa vida na fraga, foi publicada en 1854.
En 1846 negouse a pagar impostos debido á súa oposición á guerra contra México e á escravitude nos Estados Unidos, polo que foi condenado a prisión durante uns días. Deste feito naceu o seu tratado Civil desobedience. Neste texto declárase un dos conceptos principais da súa ideoloxía: a idea de que o goberno non debe ter máis poder que o que os cidadáns estean dispostos a concederlle, chegando a tal punto que propón a abolición de todo goberno, unha ética contraria á capitalista e burguesa, declarándose inimigo do estado. Considerado por algúns como o primeiro ecoloxista, o seu ensaio foi influente en Tolstoi e en Gandhi.
Nas ciencias naturais o seu prestixio é aínda apreciable. Edward O. Wilson comeza os seus libros sobre The future of life (2002) cunha carta dirixida a Thoreau. A súa obra e exemplo manteñen aínda unha forte influencia nos movementos en defensa dos dereitos civís (o propio Martin Luther King expresou abertamente a súa admiración), o pacifismo e o ambientalismo. En 1960 unha efixie de Thoreau entrou no Panteón dos Heroes Norteamericanos da Universidade de Nova York, xunto a George Washington, Benjamin Franklin, Abraham Lincoln, Thomas Edison e Emerson. En 1998, o presidente dos Estados Unidos propúxoo como modelo das mellores prácticas cidadás e afirmou a superioridade moral da desobediencia civil sobre a violencia.
Algunhas obras
- A Week on the Concord and Merrimac Rivers (1839).
- Desobediencia civil (Civil disobedience, 1849).
- Slavery in Massachusetts (1854).
- Walden (1854).
- A Plea for Captain John Brown (1860).
- Camiñando (Walking, 1862)
- Excursions (1863).
- Vida sen fundamento (Life Without Principle, 1863)
- The Maine Woods (1864).
- Cape Cod (1865).
- Early Spring in Massachusetts (1881).
- Summer (1884).
- Winter (1888).
- Autumn (1892).
- Miscellanies (1894).
Publicacións en galego
- Desobediencia civil e Vida sen fundamentos, edición conxunta de Edicións Positivas (primeira edición, maio de 2002), con tradución a cargo de Pablo Seoane.
- Camiñando, edición de Axóuxere, de 2012, con tradución a cargo de Elva Souto.
Véxase tamén
Ligazóns externas