O Harry Lindbladin muistopalkinto (en galego Trofeo Memorial Harry Lindblad) é un trofeo de hóckey sobre xeo entregado anualmente ao campión da liga regular da Liiga, a máxima competición de hóckey sobre xeo en Finlandia. O Harry Lindbladin muistopalkinto é o equivalente ao Presidents' Trophy da National Hockey League (NHL). O trofeo é entregado dende que a liga se profesionalizou, a tempada 1975-76.
Recibe o seu nome en honor ao ex xogador e presidente da Suomen jääkiekkoliitto (Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo) Harry Lindblad.