Lloyd actuou en 208 películas entre 1913 e 1947. Durante a década dos vinte foi o actor máis popular e mellor pago do universo cinematográfico. É coñecido sobre todo polas secuencias de persecución que incluían proezas físicas como rubir polos muros de altos edificios. Xunto a Buster Keaton e Charlie Chaplin forma o «triunvirato» de grandes cómicos do cinema mudo e, como eles, a súa carreira continuou no período sonoro.
Entre os seus filmes máis coñecidos está Safety last de 1923 (non hai estrea galego, na súa versión en castelán titulada El hombre mosca). Home intrépido, perdeu varios dedos durante unha rodaxe dun anuncio publicitario de tabaco cunha bomba real. Foi un dos membros fundadores da Academy of Motion Picture Arts and Sciences organización profesional coñecida no mundo por organizar anualmente os premios Óscar.