Un hadith (en árabe: حديث, ḥadīṯ; árabe: أحاديث xeral, «narración, referencia»; plural: en árabe, ʼaḥādīṯ) literalmente significa un dito ou unha conversa, que para o islam representa os ditos e as accións do profeta Mahoma (e dos imáns no caso dos xiítas) relatados polos seus compañeiros e recollidos por aqueles sabios que os sucederon. Os hadiths son o alicerce fundamental da Sunna, a segunda fonte da lei musulmá despois do Corán e que significa, literalmente, "conduta, maneira de comportarse" ou "costume".[1][2]
Emprego
O termo hadith designa toda narración ou relato referido ó profeta Mahoma, directa e indirectamente, sobre o que este dixo (recomendando, ordenando, prohibindo), ensinou ou simplemente se viu que adoitaba facer, aínda que non o recomendase especificamente ós seus seguidores. Hai mesmo hadiths nos cales se narra sinxelamente que o Profeta aprobou tacitamente certa conduta noutros, e en consecuencia tal conduta vólvese vinculante para os musulmáns.[3]
Notas