O Gran Premio do oeste dos Estados Unidos foi unha carreira celebrada en Long Beach (California), como carreira de Fórmula 5000 en 1975 e como proba do mundial de Fórmula 1 de 1976 a 1983. Logo de 1983, a carreira volveu como o Gran Premio de Long Beach da Champ Car World Series.
Coa pista de Watkins Glen en declive durante mediados dos 70, foi creado o West USGP, polo que os Estados Unidos foi o segundo país (logo de Italia) en albergar dúas carreiras do Campionato Mundial de F1 na mesma tempada. O circuíto urbano foi un éxito inmediato desde a súa primeira carreira en 1976, e converteuse na resposta dos Estados Unidos á Gran Premio de Mónaco. O deseño da pista, no centro da cidade cambiou tres veces nos seus oito anos de permanencia, pero todos incluíron unha longa recta (en realidade unha longa curva á dereita) pola vía da costa, cerca do porto. Na última carreira en 1983, John Watson gañou saíndo da 22ª posición da grella, o máis atrás do que un piloto nun Gran Premio moderno chegara a gañar unha carreira.
Os gañadores do Gran Premio do oeste dos Estados Unidos
Ver tamén Gran Premio de Long Beach
Gañadores múltiples (construtores)
Equipos en negra están competindo no campionato de Fórmula Un na tempada actual.
Por ano
Véxase tamén
Notas