O Gran Premio do Reino Unido de 1961 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 15 de xullo de 1961 no circuíto de Aintree, Liverpool, Inglaterra. Foi a quinta carreira do Campionato do Mundo da tempada de 1961 de Fórmula Un.
Logo dun fin de semana húmido, con choivas torrenciais na cualificación e no inicio da carreira, o Gran Premio foi dominado finalmente por Scuderia Ferrari, cos seus pilotos que fixeron pleno no podio. A carreira foi gañada polo alemán Wolfgang von Trips, quen liderara durante gran parte da carreira logo de saír desde a cuarta posición. Esta foi a segunda e última vitoria de von Trips nun Gran Premio, dúas carreiras máis tarde morreu nun accidente durante o Gran Premio de Italia de 1961. O gañador da pole position, Phil Hill logrou o segundo lugar, no seu camiño para gañar o campionato do mundo de pilotos ao final da tempada, e o terceiro lugar foi para o seu compatriota estadounidense Richie Ginther .
O GP de Gran Bretaña 1961 tamén pasou á historia por ser a primeira ocasión en que participou un coche con tración ás catro rodas, e o último no que un coche con motor dianteiro inscribiuse nunha carreira do Campionato do Mundo. Estes dous logros foron alcanzados polo mesmo vehículo: o experimental Ferguson P99 - Climax do equipo Rob Walker Racing Team. Aínda que o coche foi descualificado por recibir asistencia na pista, en mans de Stirling Moss, que se fixo cargo do coche de Jack Fairman logo de que a seú Lotus falláranlle os freos, mostrou certa promesa de futuro. Desafortunadamente para Moss, o GP de Gran Bretaña de 1961 marcou tamén a última ocasión na que o heroe local correría un Gran Premio en casa, xa que retirouse da Fórmula 1 logo dun accidente durante unha carreira fóra de campionato antes da tempada de 1962.