O Gran Premio de Italia de 1961 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 10 de setembro de 1961 no circuíto de Monza. Foi a sétima carreira da tempada de Fórmula Un de 1961. Foi o 32º Gran Premio de Italia e o 26º, que se celebrou en Monza.
A carreira estivo marcada por un dos accidentes máis terribles na historia da Fórmula Un, cando no final da segunda volta, ao achegarse á Parabólica o piloto alemán Wolfgang von Trips perdeu o control do seu Ferrari e estrelouse contra unha bancada chea de espectadores, matando a 15[1] e morrendo el mesmo. A carreira non foi detida, supostamente para axudar ao labor de rescate dos feridos. Esta foi tamén a última carreira de Fórmula Un que se celebrou no trazado de 10 quilómetros do circuíto de Monza, cos dous peraltes e a recta incluídos entre as bancadas.