O Gran Premio de Mónaco de 1967 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 7 de maio de 1967 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a segunda carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1967.
Resumo
As primeiras voltas foron axitadas - Jack Brabham fixo un trompo diante de Bruce McLaren e Jo Siffert, que chocaron tratando de evitalo, ao mesmo tempo Jim Clark tivo que tomar o camiño de escape. Jackie Stewart pasou á cabeza ata que rompeu o seu diferncial na volta 14.
Hulme liderou a carreira ata que se viu obrigado a entrar en boxes para cambiar a batería. Clark remontou desde o posto 14 ata o cuarto cando rompeu a suspensión na volta 43, Bandini estrelouse cando recortaba a chicane e rematou cabeza abaixo entre os fardos de palla en chamas. A operación de rescate foi totalmente inadecuada, e Bandini morreu poucos días despois debido as queimaduras, a traxedia eclipsou a primeira vitoria de Denny Hulme nun dos circuítos máis difíciles do mundo.
Clasificación
* Bandini morreu 3 días máis tarde
Notas
- Pole position: Jack Brabham - 1:27.6
- Volta rápida: Jim Clark - 1:29.5
- Derradeiro Gran Premio con 100 voltas
Posicións logo da carreira
- Clasificación no campionato de pilotos
|
- Clasificación do campionato de construtores
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas